semblanzas

19-12-2011

mar ao fondo




                 MAR AO FONDO


                     ESCENA  0

               ILLA ATLÁNTICA

Magritte e os cantís
resoan coma un peite de Chillida falando con Ulises.
O tecedor de tempos –o noso Urbano cosmopolita—
adiántase (de novo) e recolle o testemuño do único que non esmorece
e sempre vale:
                          o humilde
                          instante
                                          libre.
Campá-caramuxo, poética pictórica mural —isto é, xigante—
como pano de fondo antes de chegar a musa.



Musa:
Lémbrome de ti cando escribes de teu,cando comes dun cadro,
bebes un grolo, falas libre e vives contigo e no mundo sen min.

Coro:
E nós de ti, musa do argazo que nutriches o pobo
con illas de Lugrís onde repousar os soños e o futuro.

Musa:
Falaba con el, mesmo que nunca me (a)sentía... Sigo adorando
a súa palabra-pincel na rúa, no pan, no aire.
Nos muros que ogallá falasen..!

laradoar

texto de lara domínguez
para o cadro de urbano lugrís
homenaxe aos músicos do mar
publicados en a nave das ideas

15-10-2011

sodade de cesaria




cesaria evora sodade

diva dos pes espidos
a voz do cabo verde
fruto proibido

cesaria sodade cantora
esas mornas do mar azul
ese tempo ese silencio
destino do sul

cesaria sodade das ilhas
das tristes tabernas do porto
ao lonxano café atlantico
como un sonho


30-5-2011

conciencia grafica




cruzo a porta do espacio dun amigo

o seu portal de traballo de creacion
partindo da imaxe a fotografia e o video
os ollos cámara e a cámara ollada

lembro o dia que coñecin ao mexica 
un primeiro de maio na cidade de oaxaca
a cidade dous anos despois da revolta
esta rexion que a tantos nos trapou

retratos do noso outro mexico
e esas olladas coas que se enfrenta
o sexo e o outro sexo e a vida e a morte
antropoloxia e compromiso cos de abaixo

a conciencia das nosas artes
as longas pláticas nunha calida mesa
oaxaca entre corrido son jarocho e jazz
os tianguis e malabares danza e teatro

e sempre que abres a porta
do colectivo espacio do edson
a ollada do vello que che di
pasa compa ándele pues

manolo pipas

conciencia gráfica
é un dos traballos do compañeiro en
http://edsoncaballero.wordpress.com
que incluimos nos espacios amigos



02-4-2011

noia poetas e xeografia


noia no fondo da ria de muros

noia no principio da ria de noia
na ria da illa das crevas
na ria do castro de baroña...

noia lugar de parada no camiño
de compostela a corrubedo
entre o barbanza e a costa da morte
e para min que foi enigmatico
lugar de paso tantas e tantas veces
entre vigo e o maldito chapapote
lariño lira cee muxia camelle
o pindo e outra ver kaarrrrnota
e o regreso outra vez por noia


noia a vila do poeta e mestre
antón avilés de taramancos
e a mitica taberna que outra vez
non estaba para que eu entrase

noia o espacio de encontro
do colectivo sacou de poetas de outes
onte a noite cos poetas do setimo andar
dos outros andares e da planta baixa
das tabernas e dos centros sociais

de noia a vigo

posdata
cando aparcamos nos cagou
unha posible larus argentatus
unha gaivota pois amigos sacou



07-3-2011

monica de nut trio


domingo de entroido

as oito e pico da noite
teatro arte livre
monica de nut trio



un trio de cordas
o baixo e a guitarra
e unhas cordas vocais
todas tensadas e (a)finadas
reveladas entregadas
desgarradas declaradas

cordas un trio de cordas
cheas de electronicos efectos
e solos varios solos
e solistas que se desdobran
e unhas teluricas percusions

cantando preguntase monica
porque non hei de cantare
porque non hei de estar alegre
nun dos temas do folklore
e as letras de cuña novás
teñen moita amargura

trio monica de nut trio
pero tres solistas suman
un pouco mais que un trio

manolo pipas

para monica de nut
paco dicenta
e virxilio da silva
no terceiro dia de concerto
agardando o disco do trio


04-3-2011

barrikada da palabra


as palabras son

como as teclas dun piano
as melodias como poemas

a batalla da palabra
despois dalguns camiños 
agora está a okupar
moito do noso tempo

na mesa dos compañeiros
as follas dos seus poemas
un libro as armonicas
as copas do likor café
e un pouco de armonia

o noso estrado está
trintetantos centimetros
porriba do voso chan
as nosas palabras están
a uns poucos metros de vos
o sentimento queremos
pegado ao vos ser

a barrikada da palabra
na que agora estamos
na que sempre estivemos

manolo pipas

onte a noite
na cova dos ratos
cos poetas sito e lupi

e unha lembranza
para marcos huesos



 
14-1-2011

pensador serrano jaime


jaime luna serrano zapoteca

trovador antropologo pensador
comunicador da palabra oral e escrita
presentou onte o seu ultimo libro
eso que llaman comunalidad
entre os seus amigos e admiradores
os dous presentadores e el mesmo
foron debullando as raices e o presente
desa estraña e maxica palabra
e especialmente houbo lembranzas
para o finado floriberto diaz
o serrano  ayuuk que tamen nos setenta
sen saber un do outro
tivera semellantes reflexions
sobre as comunidades e a suas formas

aquel que compite no comparte
foi unha das lucidas frases de jaime
na libreria patio de la jícara

logo houbo bo mezcal
e rolas da sua trova serrana
nas voces dos seus compas alunnos
e outrxs amigxs puxeron jaranas
percusion e mais versos e voces

lembro a visita e a entrevista
que lle fixemos dous meses despois
do conflicto dous mil seis
en guelatao na radio comunitaria

el problema de oaxaca
es tan viejo como la colonia
y tan nuevo como todo lo que pueden ofrecer
todos los estados y naciones del mundo

los derechos humanos son la máxima hipocresía
que se castiguen a los culpables
que es el estado de derecho

la comunalidad es un modelo político
un modelo de relaciones
y un modelo de convivencia

ay serrano jaime luna
ya lo dice  tu apellido
la luna te da sentido
te da fuerza y fortuna

versos que lle botaron onte
logo da entrañable presentacion

manolo pipas



18-7-2010

en arealonga por suso

praia de arealonga praia
a musica no solpor
na noite é unha emocion
graciñas pola palabra

na beira sur desta ria
praia de arealonga praia
ai suso coa sua guitarra
deulle voz á poesia

ai arealonga chapela
regodobargo espallando
na nosa terra mais cantos
ai suso na sementeira
manolo pipas
coplas escritas e recitadas
onte na praia de arealonga
por suso vaamonde

21-5-2010

voz de costa e campina

cantigas do bem querer
trae a rapaza da lira
do nordeste do brasil
socorrinha

cantigas filhas da terra
alegria e dor en rimas
lonxe e perto tudo e nada
tuas e minhas

e traes cantigas de amigo
que son tonadas mestizas
entre as augas que nos unen
ai mendinha

cores do atlantico traes
nova voz das nosas rias
entre baiaos e sambas
e valsinhas

son cores do bem querer
rimas da tua campina
do nordeste do brasil
socorrinha

larinho   na ria

a socorro lira
que escoitei á beira da ria
ponhendo a paixon e a voz
nas nosas cantigas de amigo
no disco cores do atlantico

25-1-2010

palabras galeanas


palabras andantes palabras
o tempo perdido no tempo
o forno cocendo misterios
memoria en voces galeanas

mestiza america mestiza
un home cargado de abrazos
camiña entre historias de barro
fuxindo das propias mentiras

o vento en crise perde forza
e todas as mascaras arden
o mundo complicado baile
e os naufragos que por fin voltan

o forno perdido no tempo
memoria de andantes palabras
o tempo en voces galeanas
palabras cocendo misterios

para eduardo galeano
uruguayo cronista das americas


Distribuir contido