28-11-2010

ervedeiro

ervedeiro é unha aldea
de catro casas situada
á beira do miño

Pasaría toda a vida
viaxando polas tuas entrañas
sentada ao lombo do vento
para te ollar desde o ceo

voaría a res da auga debuxando ondas
bailaría a tua danza murmurando o teu son
laralarala ...

camiñaría descalza
todas as tuas sendas
respirando da tua brisa
trocando o aire nun canto

laralarala ...

voaría a res da auga debuxando ondas
bailaría a tua danza murmurando o teu son
laralarala ...

paloma suanzes

texto e musica desta ferrolá
do seu disco feitizo