26-5-2010

historias do chapapote 2

estes segundos poemas do chapapote
non se retrasaron polas marés
foi que outros textos novos ou vellos
como ben puidestes percibir
foron pedindo paso estas semanas


.nos barrancos

nos barrancos de mougás

fileiras de corpos
verdes marelos e brancos

nos barrancos de mougás
cada capacho pasaba
por cada unha das nosas mans

12-02



mar e man


a beira do mar
nos peiraos e rochas de camelle
pintabas series de circulos
unha e outra vez
cara un lado
os circulos ian medrando
cara a outra beira
o circulo desaparecia

dixeronme que desapareceche
cando chegou o chapapote
pero sinto que non paras de medrar

redondo redondo é o circulo
rotundo retundamente físico
o circulo fainos parte do cosmico
e do cosmico construimos o mitico
e todo todo nace do circulo do man

camelle 7-02

so por fotos e por oidas
sabia do solitario man
e en novembro do 02
golpeoume a sua morte
e en xullo do 2003 visiteino

a mancha e o rio


a finais de decembro do 2002
unha gran mancha ollabase con medo
desde o monte tecla
o mar botaba a mancha
cara a terra e cara o sur
pero a forza das augas do minho
non a deixaba pasar
durante varios dias subistes ao monte
e impotentes con medo ollabades a mancha
agardando un fatal desenlace
pero cambiaron as correntes do mar
e levaron o chapapote
cara o norte ate karnota
e portugal salvouse da desfeita

mougás- a garda 12-02
.

.ons e cies


nunca fora a illa de ons
e ali levoume o chapapote
como a outros lugares da costa
que ainda non coñecia

fun ver o buraco do inferno
pero ali arriba sentin moita paz
porque o inferno estaba
nas praias e rochas cheas de chapapote
e sobre todo nas mentiras das declaracions
do director do parque nacional
que tamen hoxe estivera na illa
coa sua cabeza e lingua
chea do outro chapapote

as illas cies xa fora unhas poucas veces
e volvin no tempo do chapapote
e camiñei os danos colaterais do exercito
das suas maniobras para a guerra

illas atlanticas 1-03
.

o voluntario e o calderón


curro chegou só nas vacacions do nadal
fuxindo desas datas e da sombra de alguen
como moitos solitarios que buscaron o chapapote

voltou uns dias a castela e de novo en carnota
pero xa cambiara moito o traballo
e o camiñar dos voluntarios

pola noite curro talla nun anaco de madeira
o calderón que aparecera hai uns dias
morto entre as rochas de insuela

nas poucas horas que estiven con el falamos moito
e cando nos despedimos xa me entrega
o seu pequeno cetaceo de madeira
que segue comigo

carnota 1-2003

o mar e o tempo

o mar pode

dixerilo case todo
so precisa tempo e mais tempo
o tempo e o mar todo o curan
todo menos a nosa raiba
e a nosa grande impotencia

galiza 2003

erika


erika ten catro anos
e catro anos pasaron do erika
aquel otro maldito barco
que golpeou a bretaña
e a cativa erika en mar de fora
pregunta ao seu pai
porque o mar chega todo negro

karnota 1-2002

as marés deben traer mais poemas