07-8-2010

entre montañas

 

a comarca do sobrarbe
vales e montañas de pizarra
con todos os tonos do marron
que se erguen ate pirineos
mentres se caen casas e muros
das aldeas desaloxadas
por un encoro que non se fixo
ou abandonadas polo esquecemento do estado
e agora algunhas casas están sendo recuperadas
por novas xentes con novos e diversos tonos

moitos cumes dos pirineos
co seu nome xa che adiantan
unha historia ou unha lenda

a chamada brecha do mitico roland
que tamen foi un paso dos maquis
tristes guerras que feriron estas serras

a montaña do tabacor
cada ano subia o pastor pelayo
coas suas ovellas e vivia nunha cova

os picos mais altos ainda con neve
o monte perdido a nosa dereita
e mais para ala xa se perde
a chamada punta das ondas

e este pico suerio no que estamos
estes dias ten un manto de erizón
ou pequeño toxo pirenaico
como outro alecrin dourado

 
  sobrarbe a 4 de agosto