17-9-2010

sentencia

Encolliche
es un monstriño tenro
que da voltas nesta hora
no remuiño maino do meu café,
nese raro xirar de zurdo redireccionado.
Afogarás
terás unha morte doce,
no fundo agarda ese lodo,
un pouso derretidode azucre moreno

alfonso láuzara


versos do libro colectivo
sétimo andar, poesía alen
que se presenta mañán en vigo