19-12-2010

de castrelos a granada


como estrañas habaneras

as palabras que se cruzan
non van dar sempre a primeira
no teu corazon

entre granada e castrelos
tantas feridas que cantas
van minando no teu peito
no teu corazon

cando o tempo non te chega
o corazon mal aguanta
e reventaronche as veas
por exceso de amor

habaneras de la habana
de cadiz e nova york
peden outra pra granada
por exceso de amor

de castrelos a granada
as palabras que se cruzan
o corazon mal aguanta
por exceso de amor

manolo pipas
barcelona 12-00

hai dez anos morria
o trovador andalusi carlos cano
e na sua ultima semana de enfermidade
eu pasaba a diario pola rua granada
e lembraba o seu concerto de castrelos