21-12-2010

a informatica e o portaliño

informatica
o mundo da informatica
seica da informacion automatica
e pouca formacion pois
e menos mal que non hai formacion automatica

e informatica ven de informar supoño
pero se o sufixo in é sobre todo negativo
informar tamen é cambiar a forma real das cousas
como enganar ou mentir pois

seguimos como xogando coas palabras
pasanme un documento de texto unha imaxe
e un audio e non podo abrir ningun deles
algo que me pasa varias veces ao mes
porque seica non teño o programa axeitado
ou hai outra incompatibilidade
imaxinadevos ter catro ou cinco gafas distintas
para ler cada libro segundo o papel en que veña impreso!?

portal xanela sitio paxina espacio
fermosas palabras para definir algo novo
construido a partires de formas antiquisimas
como os codices mixtecos ou as estelas de jeroglificos
espacio paxina sitio xanela portal
virtul ou irreal que tamen lle chaman
e imaxinadevos que alguen da nunha tecla ou en varias
desde o chamado servidor ou algo asi
e esta xanela portal portaliño ou cancela
desaparece do universo como por arte de maxia
en todas as vosas computadoras conectadas a rede
e non queda nen unha precaria copia

alguen escribiu nunha revista de papel
non lembro se papel reciclado ou non
que se desaparecese toda a infornacion da chamada rede
so nos perderiamos un 5 % da nosa cultura
supoño que disto non hai copia en papel ou noutros formatos !
e que hai da nosa cultural oral que ainda está sen recoller ?

de case todo o que publico neste espacio
teño copia agás algunha correccion que se me pasou
pero non sei se terei ametade de textos en papel

manolo pipas
galiza-oaxaca 2010

reflexions escritas
na miña computadora portatil
a partires dunhas notas a boligrafo
nos meus cadernos de campo