13-1-2011

lembranza de maria elena walsh

Nunha ocasión, chegou á nosa casa
un disco daqueles grandes, negros, brillantes,
e delicadísimos. Cando empezou a sonar,
daquela mancha escura sairon deliciosas melodías
e unha voz de campaíña que, con acento estrano,
encaracolouse nas miñas orellas,
e nas dos meus irmáns, de tal xeito que mil veces
queriamos repetir... e repetir... e repetir...
Unha daquelas historias quedouse para sempre
enredada no meu maxín : LA PLA PLA.

O luns morreu en Arxentina Mª Elena Walsh,
a propietaria daquela voz de campaiña,
quen levaba no seu maxín un baul de sorpresas
trenzadas con palabras e música.



Vaia na súa lembranza un poema seu, e aquel conto...

http://www.silvitablanco.com.ar/mariaelenawalsh/
silvitamariaelenawalshlaplapla.wav

Bicos mil

marga sampaio