17-1-2011

memoria das augas

fala e fala este velliño / remove o viejo jalapa
vai removendo as historias / que se levaron as augas

este val que foi poboado / por culturas milenarias
unhas terras productivas / con enganos son roubadas

familias jalapanecas / que xa deixan as suas casas
as augas que deron vida / van cobrir toda jalapa

desprazada poboacion / que pra terras pobres mandan
e naceu jalapa nuevo / con mui poucas esperanzas



este ano unha gran seca / descobriu a grande chaira
toda quebrada esta terra / en silencio unha plegaria

arbores ben retorcidas / os dous templos e tres casas
as redes dos pescadores / caracolas silenciadas

pola memoria un evento / na plazuela de jalapa
na presa cecais camiñen / vellos e novos fantasmas 

jalapa maio 2008

do libro
a milpa e o paliacate