01-9-2011

souto de paderne




unhas formas que nos atrapan

o souto de paderne do caurel
e foron uns ollos unha camara
pero ben puido ser un pincel

souto de paderne
maxicas arbores
envolventes

unhas formas que me atrapan
eu quixera camiñar o souto
por aquel tempo meu amigo
naquel teu caurel en outono

os castiñeiros
do souto dos vellos
dos teus devanceiros

a 31 de agosto
como se xa
fora outono


versos para unha imaxe
de juan pablo moreiras
e mais fotos suas
nos espacios amigos