13-11-2011

pegadas e rosalia na aira




na aira das letras
nun circulo
entre granito e libros de poemas

entre a vila e a beira do rio arnoia
pregunta o mestre isaac estravís
a aportaverdedosetimoandar
pola porta o andar as pegadas rosalia...

e cada unha das voces vai deixando
a sua pequena testemuña
- rosalia pola obra e pola sua vida
- polo que me tocou a min
- polas raices e polo referente
- pola presencia e polas arbores
- pola fala e polo corazon
- rosalia de castro pola matria
...


e agora saen mais sentires
o cravo e a negra sombra
a sombra do cravo que lousa
as viuvas dos mortos e dos vivos
e as viuvas dos desaparecidos

foi o venres á noite no arnoia
mañan noutras airas das palabras
cecais ás beiras do rio sar
botaremos os nosos cantares novos

o cronista

da presentacion de pegadas
na librería aira das letras
en terras de allariz
imaxe de onte á tardiña
noutra aira da terra