14-11-2011

desa cousa redonda




din que o futbol é un deporte
que se xoga cunha cousa redonda
ah si ouh un deporte
certo pero antes ou mais que iso
é un espectaculo
é antes máis é política
e sobre todo un negocio
o circo do pobo pois

lembro que as bandeiras
da dictadura do fascismo portugués
eran as tres f de fatima fado e futbol
e con duas efes menos tiñan
o equivalente na dictadura de franco
catolicismo cancion española toros e futbol

e algunhas veces
coma onte en a coruña

iso que chaman futbol
é violencia e estupidez
e autobuses apedreados

seica por unha minoria

o cronista