22-1-2012

a praza e a memoria




unha imaxe da praza

do obradoiro hai un tempo
praza que gosto camiñar
cando está case baleira

gosto das pedras labradas
e mais gosto dos penedos
e doutras penas con nome
que gardan a nosa memoria
como as penas do equilibrio

a praza hai uns meses
con moi poucas persoas
unha imaxe coma outra calquera
ai caladas pedras do obradoiro
que vos tanto sabedes e calades

as golpeadas terras e prazas
e os seus golpeados fillos
camiñar coa memoria
o noso dificil equilibrio

manolo pipas

na noite do 21
de xaneiro do 2012
un dia con memoria
coma calquera outro