16-4-2012

dos elefantes e dos infantes




o elefante africano é un grandote herbiboro

que camiña pola sabana con gran paciencia
e inspira sabiduria o vello amigo elefante

o elefante é un animal de gran memoria
que os primitivos europeos cazaron e extinguiron
un pouco antes do tempo dos reis e dos imperios

ai esas ultimas manadas africanas de elefantes
e o antigo equilibrio da sabana coas non escritas leis
e que decimos dos homes e dos seus infantes?
do desequilibrio dos xenros dos principes e dos reis?

o pais que se funde e seica foi unha viaxe privada
e o suposto accidente foi encuberto mais dun dia
ai na data da republica asasinada e ultraxada
ese desgaste de cadeira e o desgaste da monarquía

seica por un resbalón
do decrepito borbón

salvouse a nobre elefante
e o seu pequeno infante


o cronista