04-6-2012

esa republica de oriente medio




ésta é unha republica de oriente medio

independente desde hai sesenteseis anos
pero cunha milenaria historia de culturas
encontros e desencontros dos que aprender

boa parte do seu territorio é desertico
limita ao oeste co mar mediterraneo
e comparte fronteira con varios estados
estados en guerra ou con conflictos armados
con dictaduras ou reximenes represivos
estados ocupados ou que ocupan outros paises
ou que teñen miles de refuxiados destes conflictos

denunciando estes conflictos diversos
temos saido ás prazas e ás ruas moitas veces
temos asinado manifestos temos escrito textos...
pero este estado tamen sofre unha guerra
conflicto para  que nós non queremos ollar
mortas e mortos polos que nada facemos
masacres nas que nós non queremos pensar

siria   siria   SIRIA

o cronista