13-10-2012

defendamos a terra e o mar




Na Alameda de Compostela

o domingo 14 de outubro ás 12:00 horas
Galiza non se Vende organiza un Xuizo Popular
aos responsables da destrucción
e o desleixo da nosa terra e o noso mar.

Estes son os cargos que se lles imputan:
Perda da soberanía alimentar
(abandono do sector primario, mar, rural..)
Desastrosa xestión de residuos e contaminación
Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos
(ríos, montes, vento…)
Desprotección da biodiversidade
Esfarelamento do territorio
(infraestruturas, especulación..)
Abandono do patrimonio cultural

Polo noso presente, polo noso futuro,
polo futuro dos nosos fillos,
defendamos a terra e o mar
que o capital non o vai facer
o domingo en Compostela.

Galiza Non se Vende