15-10-2012

cacique profeta e oprimido




o cacique


Eiquí xaz, gracias a Deus
o verdugo da parroquia.

Morreu dunha infeución do sangue.

Nunca os microbes fixeron
unha laboura tan meritoria.


o profeta

Pouco antes de morrer
dóxolle ó pobo:
Deus che dea ira,
que paciencia tes de abondo.


o oprimido

Este morto mandóu decir
que o inferno existe,
pro eiquí, na terra,
e non se chama inferno.


celso emilio ferrreiro

neste tempo de crise e e-leccions
faltanos o autor do cimeterio privado
para facer novos epitafios
pero os que temos seguen
a ter moita vixencia