25-11-2012

memoria de sobredo I canto




ai memoria de sobredo
que xa van noventa anos
deste golpe aos teus labregos

eran os tempos dos foros
a igrexa e os fidalgos
escravizando a este pobo

os labregos que se agrupan
mil sociedades agrarias
que dan fe da sua luita

van contra os pagos dos foros
nebra sofán e sobredo
reprimidos sofren mortos

poucos anos van durar
os anacronicos foros
mais houbo que indennizar
.......

en sobredo un monumento
fai memoria dunhas mortes
da luita dos seus labregos

o cronista

en sobredo guillarei hai hoxe
pola mañán unha homenaxe
aos tres martires labreg@s