27-11-2012

nenos xogos e guerras




cando era cativo

eu tamen xogaba ás guerras
ás guerras que saian
nas peliculas da television

unhas guerras ben lonxanas
no espacio e no tempo

nuns monecos habia tres bandos
xaponeses americanos e rusos
e outros monequiños eran
os indios e os vaqueiros
e eu sempre era un dos indios
e anos despois fixenme insubmiso

da guerra de españa do 36
non habia ninguns monecos
non habia case peliculas
e eu daquela non sabia nada

ainda hoxe nos nosos colexios
os cativos xogan e xogan ás guerras
e noutros paises mentres hai conflicto
os nenos xogan a ser dos bandos
que están fora a pegar tiros
.  .  .  .  .  .  .

hoxe lin na prensa
que a aviacion siria matou
a dez nenos nunha aldea revelde
que xogaban no patio durante o recreo

o cronista

imaxe destes dias
adultos e nenos sirios
fuxindo da guerra