31-12-2012

31 do 12 do 2012 !?




trinteun de decembro

do ano dous mil doce
o ultimo dia deste ano
ou ciclo desta era pois
asi ouhhh que ben

para os mayas estamos
no dia 10 da era do sexto sol
este é o ano 1433 para o islán
para os budistas o ciclo 2556
o ano 4709 para os chineses
para uns hinduistas o 2055
ou o 7512 segundo se mire

pero nestas eras
son as relixions e os imperios
as que marcan principio e ciclos
e nós seguiremos camiñando
coa terra coa lua co sol 
coas mareas cos ríos...

coma dixeron hoxe os compas zapatistas
eles non nos necesitan para fracasar
nós non os necesitamos para sobrevivir
e nen guerra que nos mate
nen paz e consumo que nos opriman
unha aperta

envolventes