30-1-2013

T033 mesa 5 seguinte




T034 mesa 3

B037 mesa 22
T033 mesa 5

leo na pantalla
e cada nova liña
de cifras e letras
é anunciada cun pitido
bastante estridente

as mesas son grises
e o lokal ben triste

a mesa o lugar do xantar
o espacio de traballo e de estudo
e agora o lugar onde che din
que é dificil moi dificil
que atopes un traballo

e nalguns hospitais
as pantallas e os sons
son semellantes

son grises as mesas
e o lokal e o parlamentiño
e o país unha desfeita

o cronista