20-2-2013

o anahuac e texcoco




acá andamos nestas terras

dos aztecas os mexicas os texcocanos...
e nesta chaira habia un gran lago
cando chegaron os conquistadores
o lago grande de texcoco
o de xochimilco o de chalco...
e deles so fica unha mancha da auga
a beira da poboacon de atenco
que o sinsentido do imperio cobriu de terra
e na imaxe tedes unha recreacion dos lagos

texcoco fora en tempos rival
e logo aliada de tecnochtitlan
que medrara nunha illa nos outros lagos
e enriba dela se edificou a cidade de mexico
aterrando tamen os outros espellos de auga
por eso agora partes da cidade se están fundindo

durante douscentos anos o anahuac
din que foi o ombligo do mundo
como nos andes foi a rexion de cuzco
e o dous de octubre do sesenta e oito
en poucas horas convertiron
a nova praza de tlatelocco
a beira da antiga poboacion orixinaria
no ombligo doutro mundo

e anos despois veu atenco
e la otra campaña ....

manolo pipas