05-4-2013

chuvia en oaxaca




logo de tantos meses

choveu onte por fin
nesta cidade neste val
e o inverno nestes lares
é a tempada seca
pero foi ben duro

as plantas os animais
e tamén nós mesmos
agradecemos a chuvia
unha auga entraba na terra
outra escorregaba ben sucia
moi sucia polas estradas

estas nubes descargaron
sobre a praza da danza
o seu líquido elemento
o seu liquido alimento
na tarde de oaxaca