08-4-2013

comunidade de yatzeche




de yatzeche ainda non sei o significado

e naceu debaixo dun cerrito que ocupou
unha igrexa da que fican unhas ruinas
sobre o que debeu ser un espacio
do tamén descoñecido culto anterior

na comunidade de yatzeche hai un enterro
a nova igrexa esta perto do palacio municipal
e van cara o panteón acompañados pola banda
e as doñitas ollan para min e falan baixo
na lingua zapoteca que perderon os veciños

as pobres casas da comunidade
son de adove ou de cemento
e nun dos muros dunha rua leo
un pequeno texto sobre o cólera
pero imaxino que poucos poderán
comprender estas palabras zapotecas
das que so recoñecin a da enfermidade


agarro un mototaxi e pecho
o pequeno círculo chegando
a vila de huixtepec de partida
e tomo unha quesadilla e un tejatli

nas comunidades mais afastadas
os palacios municipais tamen teñen
estas formas herdadas da colonia
pero son mais pequenos e austeros

sain ao campo a darle un até logo
a esta terra e comunidades
e neso ando e sigo coa cidade

manolo pipas