21-7-2013

versus cianuro


   

       I


¿Pra qué (me) queredes abrir
unha fenda
sobre a pel
que habita ó meu útero?

¿Pra que as bestas
me coman a min
e toda a miña
fecundidade?

Que vaian rillar nas vísceras
dos seus iguais
que a min non me van rachar
o sustento de terra
que nos sostén .

                II

Vender a terra a cambio de nada
              de morte precaria
              que escorrega
    tras as súas palabras

Cánto máis podemos desexar
que nin o noso corpo
pode aturar...

Os camiños son as pernas da terra,
as montañas os seus peitos
tralos que se erquen os latexos.
O seu ventre está fechado
as ansias infames,
depredadoras de sangue
que aniquilan a sua vontade.


aurora abeleiras

texto do libro
versus cianuro  poemas contra
a mina de ouro de corcoesto
debuxo do libro de nolo suárez