31-8-2013

mentres avanza a noite




mentres avanza a noite

agardo por un correo
da miña amiga
que non me chega

mentres a noite avanza
agardo por uns versos
da miña amiga
agardo unha entrega

mentres se perde a noite
agardo por un correo
da miña amiga
que xa non chega

lariño