29-1-2014

entre cantoras e poetas recital




de uxío novoneyra a suso vaamonde

de miguel hernández a violeta parra
catro grandes voces que agora cito
como podían ser outras catro
que tamén me probocaron versos

uns textos para facer un recital
palabras apertas homenaxes elexías
a algunhas voces que me acompañan
de mercedes sosa a eduardo galeano
de josé afonso a rosalía de castro
tamén podía poñer no cartaz
de pedro de hai uns días

e juan gelman e josé emilio pacheco
que vivían no mesmo barrio mexica
marcharon cos seus cadernos de poemas
e pete seeger seguiunos co seu banjo
palabras apertas elexías homenaxes


entre poetas e cantoras
recital
de poemas de manolo pipas
combidado o trovador servando barreiro
mañán xoves 30 de xaneiro
as 20:00 pola libraria andel
camelias de beatriz 102 vigo