06-3-2014

barbanza e rias




esa espiral de baroña

cara o norte monte louro
e cara o sur corrubedo
e o dolmen pedra do mouro
os carballos as sobreiras
serpes cabalos e mouchos
o que vemos e sentimos
memoria dos nosos mortos
fáltounos un pouco lume
e a chuvia que vai connosco

monte ría e outras augas
os faros dispondo encontros
o vento salgado limpa
e ven e volta pros fondos
entre as illas e os cumios
atrapados polos soños
mar e ceo azuis e grises
verdes algas verdes toxos
o sol que saiu un rato
o solpor húmido trovo
mareas chuvia e fervenza
marchamos voltamos logo



lembranzas dias despois
desde a espedrigada coia
café planeta
pipas