24-6-2014

as pasarelas




camiñando castelao

entre o alto e as travesas
fáltame o paso elevado
roubáronme a pasarela
desandando cara o alto
tamén falta a compañeira
teño que recoñecer
poucos íamos por elas

máis pasábamos por baixo
parando na medianeira
pero nelas se colgaban
moitas faixas das protestas
e outras dos casamentos
con vacile pras parellas
nos seus lugares puxeron
semáforos pasos cebra

eu subín a última vez
para gozar da floresta
o colorido das árbores
avanzando a primavera
na avenida castelao
tiraron as pasarelas
estes homes son así
góstalles moito a piketa
as cousas que se usan pouco
parece que lles molestan

manolo pipas