02-1-2015

amiga de puro nervio

 

 

    a maruse e paco

 

amiga de puro nervio

do kiosco e da petanka

entre copias nós falando

arranxamos catro casas

 

amiga de puro nervio

mira que che foi tocar

un mal pouco coñecido

que che quería parar

 

como a vida nós rodamos

e un tempo en silla de rodas

dache vida miña amiga

pero a ratos ti vas soa

 

as primeiras coplas fixen

logo dun café co paco

serio e duro compañeiro

ten un corazón mui brando

 

amiga de puro nervio

o mal neuromuscular

xa o vades coñecendo

non che vai poder parar

 

moito tempo nos faltache

perdéu gracia o mostrador

ves ás veces de visita

que non che falte ese humor

 

recitado hai dias no kiosko

a maruse paco e isabel

e entregado manuscrito

 

manolo pipas