28-4-2015

nos que estamos abaixo

 

 

a pobreza e a exclusión

que proboca o capital

irmáns que da man camiñan

e non paran de medrar

sen os esquerdos sociais

o globo van estoupar

 

pediume a organización

versos coa voz dos de abaixo

escoitanse baixo e lonxe

propostas dos marxinados

a transformación social

mui pouco vai camiñando

 

non esquezamos que somos

intelixencia e beleza

ke o kapital convirte

en exclusion e pobreza

isto pode revertirse

ke entre todos se endereza

 

nunha mesa redonda sobre pobreza

e exclusión no grao de traballo social

da facultade de educación de ourense

compartida con pepa da asociacion

boa vida de pontevedra

e diego da oficina

de dereitos sociais da coia

esta historia complétase

con a educacion o camiño

e cidades e vidas boas