24-7-2015

rimas e gara da cerdeña

 

 

a daniela e o miguel

traen rimas da cerdeña

esas voces que se empeñan

en manter o verso sardo,

na gara lánzanse dardos

mais con moita educación

isolanos con paixón

van cantando con octavas,

que siga a cerdeña brava

con patrón ou sen patrón

 

a daniela zizi e miguel coira

a profesora é filla do senlleiro

improvisador bernado zizi

o antropólogo é bo músico tamén

a décima escrita e recitada onte

no de catro a catro na charla

sobre a gara improvisación

de cantos en endecasílavos

octavas e sonetos na lingua

sarda que non anda mui ben

 

manolo pipas