06-9-2015

festival da poesia migrantes

 

 

               a lois e magda

 

 

cando chegamos a salvaterra

dime o compañeiro que a última

vez que estivo no festival da poesía

hai máis de vinte anos non había ponte

o río cruzábase no transbordador

 

un pequeno valado de obra

separa poetas e músicos

do público das amistades

que paradoxo o valado

que non fai falta pero é a norma

o valado a fronteira os migrantes

 

poemas na nosa e noutras linguas

como hai vinte e vintemoitos anos

o festival das culturas sen fronteiras

 

entre os valados e as sillas

onde escoitamos poesía e canción

hai varios metros valeiros

que logo a banda de caxade

de tremendas letras e músicas

consegue que os ocupen

os cativos con xogos e danzas

un brinca tocando a guitarriña

e unha cativa recorre os valados

pasando por eles a súa man

como outro inocente xogo

 

logo dun feixe de encontros

mercar o libro do festival e outro

deixamos este val e salvaterra

a esquerda o vello río pai minho

que nos quere unir ao irmán portugal

o festival das culturas sen fronteiras

 

manolo pipas