12-10-2015

que siga a feminista caravana

 

 

aquela caravana que un oito de marzo

partiu do kurdistán segue dando o relevo

 

as mulleres do mar percebeiras

conserveiras mariñeiras mariscadoras

redeiras ... contaron da súa vida

elas que construen redes coas mans

e que saben das auténticas redes sociais

que se amasan lentamente con afectos

e coa súa palabra salgada e dóce

e a conversa levóunos nunha roda

pola soberanía alimentaria

e logo nos contaron da súa loita

as compañeiras kurdas e turcas

e escribiron nestas cartulinas

 

foron a ankara pola paz

e foron asasinadas!

non vamos chorar as mortas

que nos vamos levantar!

 

nestes dous días a chuvia

respetóu as compas feministas

pero na tarde do domingo unhas nubes

fixeron que entrara un rego de auga

na carpa que fixo a delicia das cativas

que reveldes chapotearon a gusto

 

as des-pedidas e as ben-vidas

que as rapzas seguen para portugal

parando hoxe nun evento en tomiño

e os relevos da caravana feminista

son grandes faixas e pequenas sementes

que se van sumando en cada etapa

e seguiu a música con máis rodas

o irmanamento da castaña co chayote

o likor de ervas coa sidra e a caipirinha

o irmanamento das rías baixas e o minho

co tejo e coas montañas de anatolia...

 

e horas despois co interior

da carpa xa case desmontado

as últimas compas reveldes

mentres fóra chovía cantaron

grândola e mulleres valentes

 

hoxe a 12 de outubro

día da resistencia indíxena