14-11-2015

as armas e o terror

 


o listado dos principais paises

exportadores de armamento

está encabezado por usa e rusia

e logo seguen china alemania

francia reino unido e españa

todos paises de presente

e pasado imperialista

e no mercado de armas

abundan os intermediarios

e quen as contrue non sabe

onde van chegar esas armas

 

non coñezo a ninguén

que gañe o seu soldo

nunha fábrica de armas!

que sentirán os obreiros

que construen as armas

para que outros maten?

 

as armas e o terror agora en parís

en resposta aos bombardeos

de francia sobre mali e siria

con tantos mortos silenciados !

e que din os violentos gobernantes!?

que din hollande merkel obama rajoy ...

que din os señores da guerra de occidente?


agora mesmo nesta cidade de vigo

están atracados uns barcos da otan !

que é o que veñen sementar?

 

o cronista