30-1-2016

a celulosa 60 anos mais!?

 


pontevedra boa vila

que da de feder a quen pasa

é a adaptación da tradición

que da de beber a quen pasa

 

o goberno do estado en funcións

ameaza con sesenta anos máis

coa celulosa na ría de pontevedra

esa non é a función dun goberno

 

estamos fartos do capital e dos xuices

a ría está cansa de tanto abuso

uns poucos postos de traballo

non valen máis que a poboación da ría

non compensan tanta contaminación

 

miles de persoas onte na rúa

combocadas dous días antes

están máis que fartas

de ser pisoteadas!!

 

o cronista