15-3-2016

toureiros matadores asasinos

 

 

pon o lema da faixa

dunha manifestación na defensa

diso que chaman tauromaquia

los toros cultura raices

libertad para la fiesta

 

a festa son as touradas e outras

torturas e sacrificios dos animais

co disfrute de grandes e cativos

e algunhas veces con cartos públicos

 

un activista foi denunciado

por chamar asasino a un toureiro

nunha chamada praza de touros

e o asasino por calumnias

pede cen mil euros de indennización

e os toureiros chamanse matadores

e asasino é case o mesmo

 

o mesmo día os defensores dos animais

tameń ocuparon a praza pública

manifestando a súa repulsa

 

o cronista