20-6-2016

romance concheiro

 

 

entrañable é este barrio do sanpedro e as concheiras

esquivando pilingríns e as terrazas das tabernas

pola rúa nos topamos cos da comisión de festas

logo de cobrar convidan a vindeira cacharela

nós queremos vida sán e van poñendo cerbexas

fuco fala maravillas dos bos picantes de puebla

pero o compa non sabía das nosas mexicas ceas

para un rato a platicar

unha insubmisa parella

eles veñen da manifa

refuxiados contra as guerras

fulares e paliacates

espirais de tantas terras

 

regresando a casa ana hai un bo xantar vexeta

o cuscús con hortalizas guacamole con galletas

macedonia catro froitas e os cafés van con canela

falamos do recital da enerxía das xemelgas

as pinturas e os retratos o xurxo e as súas caretas

as historias dos rapaces e das piratonas festas

as comunas e os compas

as culturas e as fronteiras...

mui cumprido o domingo

pola rúa das concheiras

 

manolo pipas