21-4-2023

coitada doñana


un laio un berro
pola auga de doñana
un canto unha elexía
por moita vida de doñana



08-4-2023

claroescuros do pintor


   a cincoenta anos da súa cubista morte 


picasso vida obra vida

o xenio os soños os medos

o pintor coas súas modelos 

e as cubistas despedidas 


grande picasso pintor 

pero o home non é tanto 

a súa cabeza quebranto 

para as súas parellas dor 


artista case total

azul rosa negro gris 

señoritas e arlequín 

entre o ben e o mal



05-4-2023

un so tambor


que toque so un anónimo tambor

por toda a humanidade 

e chegará lonxe o seu rumor

pola fraternidade



23-3-2023

vida e morte digna


vivir sen sentir como se foses un vexetal

curiosa definición dunha morte en vida


vivir sen memoria eu tampoco quero

e quixera unha digna vida e despedida


manolo pipas




08-3-2023

chove e venta oito de marzo


oito de marzo chooove
esta terra agradecida
sementada e regada
tamén será feminista

lúa chea destas marzas
o si é si e o non é non
manadas contramanadas
e xuices sen corazón

chove marza lúa chea
e venta con forza venta

 

 

 

05-3-2023

dez anos máis con chávez


venezuela xa dez anos

da última sementeira

do hugo da grande estrela

do chávez bolivariano,

orinoco soberano

segue baixando augas libres

montes llanos e caribe

xa dez anos venezuela,

bermella azul e marela

chávez hugo chávez vive


manolo pipas



25-11-2022

ai as fronteiras


os muros e os aramios

sempre están sucios

e por moito que os limpen

mui sucios sempre estarán


os muros e os aramios das fronteiras

sempre estarán manchados de sangue


13-11-2022

o pais do chapappote

 

o país do nunca máis
din que existe
pero debe ser mui pequeno
grande sabemos que é

este país onde camiñamos
o país do chappappote

un dos últimos voluntarios

 

 

11-11-2022

delitos


a curva de angrois
din que estaba e está

chea de chapappote

o coitado capitán mangouras
se cadra tamén ía nun vagón
daquel maldito tren


un ex-usuario

 



16-10-2022

cinco outonos despois



andaina freixomatamáfreixo
do lume cinco outonos despois
abandono moito abandono
ai mui pouca recuperación

comunal a nosa andaina
camiñan maiores e cativas
lembranzas bágoas e landras
contos e poemas camiñan
changrande e plantabosques
ai camiñando pola vida

andaina freixomatamáfreixo
do Lume cinco outonos despois
cantos lumes dende aquela?
mentres segue a senrazón


debaixo do solitario freixo
ai compartimos as emocións

na foto anxo moure e cativas
rimas manolo pipas


Distribuir contido