13-5-2021

son augas de xela arias


Nas paredes escribiran mortos .
O vento trae maquinarias. Sorte
de ríos amarelos ven parar ás nosas mans
atraio, quizais, malos destinos
pois abrazo morte, toda morte.
Ríos pesados de baleas
confonden os pasos que avanzamos.
E calo.

Ríos, ríos, só auga, coma ríos
sucesos acontecidos, contidos acenos
que desatamos , ríos que se desfollan.

¿Cando hemos desaparecer, cariño?
Fundida a confusión,  ¡como agradezo! 
Estufas tiran linguas
abrasadoras para cazarme.
E non se atrapan
reflexos das luces nos peiraos,
ás noites
cando eles dormen.

xela arias

do libro do 7º festival
da poesia en porriño 87


11-5-2021

montaña rata de aceiro


atravesada na vida
esa montaña veleiro
chamóuse rata de aceiro
bicho por nós perseguido,
polo indíxena querido
porque limpa as nosas sobras
i o planeta xa nos cobra
tanta desfeita e saqueo,
capital e mal-goberno
son os que sempre nos sobran  

 

10-5-2021

do sangue de colombia


indíxenas misak en colombia
foron desde as súas comunidades
á cidade de bogotá para derrubar
na porta da universidade
a estatua dun conquistador

os descendentes dese asasino
son alguns dos que aínda hoxe
esquilman e matan nese país
e os mortos das xustas

protestas destes días
as indixenas e os mestizos
son os descendentes
dos que quixeron conquistar




09-5-2021

ría solpor travesías

 


              a nuria e begoña 

a rapaza olla
para a entrada da ría
e varios barcos van fondear
acollidos polas illas cíes
a rapaza olla cara o océano
se cadra ten a alguén  
do outro lado do charco
e máis palá pensamos nós
que ven o veleiro zapatista

nós baixamos a praia
logo de meses sen vernos
e falamos das nosos días
e do pinche virus ese
e da travesía pola vida
desas compas zapatistas
que nós tres tivemos a sorte
de visitar varias veces



07-5-2021

un veleiro zapatista

 


un veleiro pola vida  
de chiapas até europa
coa súa zapatista tropa
zarpóu de isla mujeres,
queren facer os deberes
catro dous un comisión  
avanza a navegación 
con palabras transparentes,
por un mundo diferente
con indíxena paixón 

veterano este veleiro
de vintecatro de eslora
e de incontables auroras
cento e pico anos de ventos,
ten que vir un novo tempo
que o planeta basta dixo,
de tripulación son cinco
sete son @s combidados
o rumbo está ben trazado
polas compas e o durito

pola vida un veleiro
que lle chaman a montaña
con indíxenas entrañas
zapatistas mariñeiros

seguide a travesia en
enlacezapatista.ezln

manolo pipas

 

05-5-2021

chulescas fachas e vida


curiosa rexión esa
dunha maioría de chulescos
maleducadas e insolidarios
que votan a corrupt@s fachas
e por aquí ia seguir escribindo
pero mellor tiro por outro lado 
noraboa a sanchez e pablemos
polos resultados que ben sementaron 
noraboa aos centristas descentrados
a dereita por ainda non sairse
da foto de colón e non sacar nada
noraboa aos medios de comunicación
por facerlle a ultradereira a campaña  
noraboa a xustiza franquista
por deixar e deixar facer a vox
e exculpar aos corruptos do pp

mala e perigosa esa maioría
pero nesa rexión eu tamén teño
compas labregas insubmisos
feministas profesoras migrantes
medicas zapatistas trovadores ...
persoas que ttraballan pola vida

 

 

03-5-2021

zapatistas cara europa



coa declaración pola vida
desde a montaña e selva chiapaneca
zarpóu un veleiro zapatista
levando a deusa ixchel por bandeira

as mesoamericanas indíxenas
queren chegar ás terras europeas
para devolvernos a visita
entrando por unha ría galega

manolo pipas 


01-5-2021

periodistas asasinados

 

dous periodistas
que levan anos contando
e denunciando todas as guerras
son asasinados por un grupo armado
en burkina faso

un avión do exército recupera e devolve

os corpos as súas golpeadas familias
pero cun acto cheo de formas militares

non había civiles no aeroporto
para sacar os cadaleitos do avión ? 
que falta de vergoña 
foi como se os mataran outra vez

 



30-4-2021

invasoras


as plantas os arbustos
e as árbores invasoras
que arrasan a biodiversidade
veñen todas das rexións cálidas
igual que a velutina o picudo
bermello e tantas outras plagas
e seguimos sen tomar conta
da emerxencia climática

 

 

28-4-2021

da rexión de majerit


a capital do ilexítimo reino
a antiga majerit da osa
a madrid de orixe árabe
agora como rexión autónoma 
escolle deputados do parlamentiño
ou vótanse cargos eclesiásticos
entre a monasterio e o ángel
o iglesias e unha iluminada  ? 

posdata necesaria
tamén se presentan
un home mui descentrado
e unha médica da pública 



Distribuir contido