16-10-2012

coma aqueles dias




coma de inverno

o tempo de hoxe
a chuvia e o vento

coma de inverno
coma os dias do prestige
daquel traxico novembro

a farsa nun duro dia de inverno
no que os barcos fican no porto
e non podia ser doutro xeito

lariño



15-10-2012

tempo de e-leccions 2




entre o tempo do chapapote

e o tempo de galiza non se vende
que pasou que nos pasou !?

temos algunha resposta 
nos epitafios de celso emilio
que non viviu estes tempos
fillos da longa noite de pedra

neste tempo de crise e e-leccions
no que case todos os dias
hai algunha manifestacion na rua
o nunca mais foi unha leccion
e galiza non se vende é outra
pero pouco temos aprendido

o cronista



15-10-2012

cacique profeta e oprimido




o cacique


Eiquí xaz, gracias a Deus
o verdugo da parroquia.

Morreu dunha infeución do sangue.

Nunca os microbes fixeron
unha laboura tan meritoria.


o profeta

Pouco antes de morrer
dóxolle ó pobo:
Deus che dea ira,
que paciencia tes de abondo.


o oprimido

Este morto mandóu decir
que o inferno existe,
pro eiquí, na terra,
e non se chama inferno.


celso emilio ferrreiro

neste tempo de crise e e-leccions
faltanos o autor do cimeterio privado
para facer novos epitafios
pero os que temos seguen
a ter moita vixencia


14-10-2012

dese xuizo-farsa




nove anos e once meses despois

vai o xuizo-farsa do prestige
e nen aznar nen rajoy nen cañete
están no banco dos acusados

este martes 16 de outubro
vai o xuizo-farsa do prestige
pero a poboacion xa o tiña xulgado
pensaba escribir como final de cronika
pero unha boa parte desta poboacion
votou por estes populares-politicos
para que fagan outra semellante

o xuizo non será nun tribunal
vaise realizar nunha sa montada
expresamente pra farsa en expo-coruña
e mui ben pintadiña de branco !
blanco inmaculado titulaba un xornal
non quedaría mellor de negro !?
do negro do chapapote !?

o cronista

14-10-2012

paxaros roier e fito




onte vin outra vez
os estorniños no casco vello
saia unha pequena bandada
e logo xa chegaba outra
e moitos nenos e adultos
ollaban para eles sorprendidos
que estarían a facer aquí ?


a poucos metros dos paxaros
roier sanz e un amigo
saxo soprano e teclados
interpretaban o miudiño de a roda
que mellor homenaxe que na rua
tocarlle ao fito que nos deixou !


tamen os estorniños pararían
aquí cos seus chios polo barbas
a tocarlle o miudiño ?

lariño

13-10-2012

defendamos a terra e o mar




Na Alameda de Compostela

o domingo 14 de outubro ás 12:00 horas
Galiza non se Vende organiza un Xuizo Popular
aos responsables da destrucción
e o desleixo da nosa terra e o noso mar.

Estes son os cargos que se lles imputan:
Perda da soberanía alimentar
(abandono do sector primario, mar, rural..)
Desastrosa xestión de residuos e contaminación
Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos
(ríos, montes, vento…)
Desprotección da biodiversidade
Esfarelamento do territorio
(infraestruturas, especulación..)
Abandono do patrimonio cultural

Polo noso presente, polo noso futuro,
polo futuro dos nosos fillos,
defendamos a terra e o mar
que o capital non o vai facer
o domingo en Compostela.

Galiza Non se Vende

12-10-2012

continente das amerikas




é un continente

ou son dous
unidos por un estreito
fío de terra
e a terra era unha soa
entre os dous mares
de norte a sur

e o continente
e as suas illas
as terras foron invadidas
coa espada e coa cruz

isto din que foi
hai cincocentos vinte anos
e agora nesta terra dominan
os primeiros invasores e os ultimos
coa espada a cruz e o capital
pero agora non temos
unha natural division-union
entre o norte e o sur
agora esta liña
subiu cara o norte
e a divison é agora un longo fio
fronteira de auga deserto e formigón
un longo fio de inxustiza opresion e morte

manolo pipas


11-10-2012

quinientos y tantos años




demasiado tiempo

quinientos y tantos años
nuestros soles tan mal medidos
las lunas con las que vosotras caminabais
y que pasó con tus gentes en aquel tiempo
que pensarían los tuyos de los míos
el golpe de nuestro continente al vuestro

quinientos y tantos tantos años
vuestra evolucion natural cortada
y que queda de vuestras comunitarias vidas
esa luna con la que ahora yo camino
y que pensamos ahora unos de otras
ahora que los golpes vienen de tantos lados

quinientos y tantos tantos años
y cuantas historias tan mal medidas
y con la luna queremos seguir caminando

diego minas 09

10-10-2012

o neutro e o revolucionario




o neutro


Dediante dos aldraxes
i as inxustizas ,
lavóuse as maus.
Era un porcallento moral


o revolucionario

Eiquí xaz un home
que frecuentou o sindicato
asistiu ós mitins,
foi ás manifestaciońs,
aldraxou ás autoridás,
gabóu a revolución cubana ,
déulle vivas ó Che,
pro endexamáis
lle chamóu masa
ó noso pobo.
Deus llo teña na gloria


celso emilio ferreiro

primeira escolla
de poemas do libro

cimenterio privado



09-10-2012

farola e araucaria




a farola a poucos metros de min

e algo mais lonxe a araucaria
na alameda da cidade
as duas están formando
unha curiosa estampa

lariño


Distribuir contido