10-10-2012

o neutro e o revolucionario




o neutro


Dediante dos aldraxes
i as inxustizas ,
lavóuse as maus.
Era un porcallento moral


o revolucionario

Eiquí xaz un home
que frecuentou o sindicato
asistiu ós mitins,
foi ás manifestaciońs,
aldraxou ás autoridás,
gabóu a revolución cubana ,
déulle vivas ó Che,
pro endexamáis
lle chamóu masa
ó noso pobo.
Deus llo teña na gloria


celso emilio ferreiro

primeira escolla
de poemas do libro

cimenterio privado



09-10-2012

farola e araucaria




a farola a poucos metros de min

e algo mais lonxe a araucaria
na alameda da cidade
as duas están formando
unha curiosa estampa

lariño


07-10-2012

musica profunda




o negra sombra

un patio profundo 
velada na penumbra

entre plantas e arbustos

un romance un berce
un instrumental unha balada
luces e sombras do pasado
doutras tribus ben lonxanas

manolo pipas

o grego jristos kanelos
onte no negra sombra

07-10-2012

asamblea de paxaros




varios centos de paxaros negros

agruparonse e ocuparon unha grua
onte á tarde entre xogos e cantos
no casco vello da nosa cidade

tiven que marchare voltei
e xa non estaban os estorniños
cecais a policia veu a dispersalos
e deteu ao paxaro mais cantarin
acusandoo de dirixente do grupo
e dos danos a propiedade privada

lariño



06-10-2012

dissonância de miguel torga




A luz da tarde acaricia os frutos

Que o vento da manhâ esculpiu no sumos;
As nuvens, de vagar, procuram rumos
No céu abertocomo um descampado;
E un rio preguiçoso e dividido
No seu leito de areia, revolvido,
Lá consegue seguir articulado.

Lago final das coisas e dos seres,
Armonia de tudo onde me afogo!
Ontem agora e logo,
Incapaz de qualquer serenidade!
A vida é um medo que nâo sei vencer.
Vivo nela uma espécie de saudade
De viver...

miguel torga

poeta e narrador de tras-os-montes
versos de penas do purgatório


04-10-2012

tempo de e-leccions 1




estes grandes taboleiros

foron colocados para a propaganda
electoral dos partidos politicos
e xa vai comenzar a oficial campaña

os paneis están espidos e baleiros
agardando con medo o maremagnum
de comediantes malavaristas e titeres
destas e-leccions ao parlament-iño

por ecoloxia vergoña e etica
mellor seria que asi seguiran
ou que os posibles votantes
puxeran nos paneis o que pensan
destas e-leccions e dos partidos
dos politicos e deste sistema

o cronista


03-10-2012

versos para o oleo paisaje en rojo




nesa bermella mesa

debaixo desas bermellas arbores
quixera sentarme unhas boas horas
a platicar contigo franklin
do individuo e do colectivo
do pensamento e da creacion
da accion e da memoria
da vida e da morte

quixera voltar outro dia
e sentarme nese bermello banco
e na tua mesa
escribir bermellos versos

manolo pipas

paisaje en rojo
oleo de franklin mendez

02-10-2012

pinturas e ceramicas de franklin




da ria e os montes de vigo

ao lago maracaibo e a sabana

nunha desas gamelas
pintor ceramista franklin
remando dia e noite
quixeras chegar a venezuela
e tempo despois vir de volta

           .   .   .   .

en cada paisaxe e estampa
vai dominar unha cor
e queremos entrar nela

os retratos e as ceramicas
que son cabezas e caras

vanche facer preguntas


manolo pipas

franklin mendez inaugurou hoxe
unha exposicion de pinturas e ceramicas
no centro civico casco vello de vigo
que seguirá aberta ate o 19 de outubro

01-10-2012

folla caida




outono

esta solitaria folla
de magnolio caida
cunha mancha escura
despedida

lariño


29-9-2012

29 S contra o goberno




por terceira vez en cinco dias

miles de persoas rodean
o congreso dos diputados de madrid
e en varias cidades da galiza
tamen hai importantes movilizacions

na manifestacion de vigo
camiñamos da republicana farola de urzaiz

á porta do edificio da delegacion da xunta
e unha bandeira pirata tentou cobrir
as tres bandeiras dos titeres do capital

dixo unha anonima voz
se o congreso se ocupase
dos problemas da rua
non teria o problema de que
a rua
quixera ocupar o congreso

o cronista


Distribuir contido