02-9-2012

as cadeiras e a palabra




cecais agarden as cadeiras

no medio das muralhas
pola voz d@s poetas

as cadeiras agardan
debaixo dos arcos
agardan a palabra

manolo pipas

salvaterra de minho
festival da poesia


31-8-2012

que medre o mar bernardino




o autor da profecía do mar
e de tantos entrañables libros
será homenaxeado mañan na coruña
pola sua persoa e pola sua obra
dias antes de cumprir oitenta anos
data para a que se está a preparar
outro encontro na sua vila natal de cangas

medre o mar é o título que a asociación
de escritoras e escritores en lingua galega
e o colectivo arteu escolleron para o evento
o mestre bernardino graña será louvado
polos seus amigos e compañeiras poetas
por musicos e outros activistas da cultura

mañan teremonos que repartir pola poesia
alguns non poderemos ir ao mar da coruña
porque estaremos á beira do miño en salvaterra
e desde aquí lembro a enerxia de bernardino
en varios pasados festivais da poesía do condado
e hai uns bos anos en cangas animandonos
aos novos cos nosos primeiros poemas


manolo pipas

30-8-2012

corpos salgados




a pel fica salgada

e unhas poucas areas
e anaquiños de algas
van pegadas nos corpos
que deixaron a praia

salgadas unhas poucas areas
nas cabezas entre os cabelos
entre os dedos dos pes
e darredor dos sexos

lariño

28-8-2012

festival da poesia




á beira do rio minho

entre as velhas muralhas
onde agora habitan
a poesia e a musica


exposicions
audiovisuais
xogos
feira de libros
e productos alternativos
recitais e concertos

e como fin de festa

as voces dos poetas
Daniel Salgado  Xiana Arias
Roi Vidal   Susana Sánchez Aríns
Eduardo Estévez  Ramiro vidal
Gonzalo Hermo  Silvia Penas
Claudio Rodríguez Fer

musica e cancions
Cuchufellos
O Sonoro Maxín
Sacha na Horta
Dios Ke Te Crew

scdcondado.org

27-8-2012

la maleta de ana prada




se asoma su maleta pensativa,

no sabe si habrá sitio para todo...
ahí tiene que entrar toda su vida,
pero ella aún no encuentra de que modo,
va plegando camisas y recuerdos,
coloca entre los sueños sus zapatos
dobla el abrigo sobre los afectos
y no quiere que quepan los retratos,
y el cielo está tan gris,
y las palmeras tan derechas...

que difícil va a ser la despedida,
reconstruir a solas su maleta,
tras este salto seguirá su vida,
como le sigue el hilo a la cometa,
repasa el equipaje como ausente,
ya sabe que no habrá ninguna meta,
que el pasado termina en el presente,
y que el presente empieza en su maleta...
y el cielo está tan gris,
y las palmeras tan derechas...

se asoma su maleta pensativa,
no sabe si habrá sitio para todo...
repasa el equipaje como ausente,
ya sabe que no habrá ninguna meta,
que el pasado termina en el presente,
y que el presente empieza en su maleta...
dejando afuera el mundo conocido,
con gesto inexorable, con mano de firmeza,
y el cielo está tan gris,
y las palmeras tan derechas...

ana prada

cancion da cantora uruguaya
do disco soy pecadora

25-8-2012

da nosa cidade




a cidade viña falando coa lua

a cidade deitouse á beira mar
a cidade toma un grolo de augardente
a nosa cidade soñou ser mais pequena

a cidade necesita outro trasplante
a cidade ten chuvia para todos
a cidade quere unhas curtas vacacions
a nosa cidade ten moito moito sono

a cidade está cansa das preguntas
a nosa cidade soñou duas veces mais

manolo pipas

para mario
un inedito poema
de hai moitos moitos anos
sen tocarlle unha palabra

23-8-2012

praciña e oliveira




esquecida oliveira

na pequena praza
da cidade da estrela

arbore vella e nova
que chegou dun viveiro
case coma unha sombra

arbore seica da paz
esquecida dos homes
tamen de costas ao sar


22-8-2012

memoria de nomes e feitos




a praza é un símbolo colectivo

como outros espacios publicos do pais
pero ese muro está manchado de sangue
pola presencia dun so nome escrito

esta praza ten ferida a memoria
pero con ela vai seguir o camiño
cos nomes e cos feitos silenciados

os vosos nomes e os vosos feitos
mestre avelino pousa antelo mestre
seguirán camiñando na memoria colectiva

imaxe da quintana

21-8-2012

das vidas e as mortes




na cidade da estrela
quixera ter un cuarto
unha pequena estancia
con vistas a rua

nesta cidade maldita
quixera ter un balcón
e ollar desde el o paso
das vidas e as mortes

escribir un pouco
das suas ruas e prazas
e desde este balcon
recitar uns poemas

manolo pipas

imaxe do sabado
versos desta noite
na mañán morrera
avelino pousa antelo
mestre desta matria


20-8-2012

pola quintana




a cidade de pedra

lugar de encontros
praza da quintana
na tarde do sabado

o cativo xoga e corre
detrás dunha pomba
corre tanto o chiquito
que chegaría a terrassa

manolo pipas

a nils anna
lluis e marina



Distribuir contido