07-8-2012

desgarrada chavela




ai desgarrado bolero

ai desgarrada ranchera
remata i empeza un corrido
que se desgarrou chavela

dama do bermello poncho
nesta foto en branco e negro
como nos tempos pasados
de lloronas e andariegos

os ollos case pechados
esas mans sobre a guitarra
sempre aberto o corazon
desgarra chavela vargas

rota esa voz do tequila
picante chile habanero
chavela vargas chamana
desgarrado o teu bolero

manolo pipas

non tiña tequila a man
e como ti dixeras un dia
as mellores botellas do agave
xa as beberas ti e josé afredo
e por ti tomei un puro mezcal
de agave de oaxaca das queridas
terras da llorona




07-8-2012

un mundo raro, chavela




Cuando te hablen de amor

Y de ilusiones
Y te ofrezcan un sol
Y un cielo entero
Si te acuerdas de mí
No me menciones
Porque vas a sentir
Amor del bueno

Y si quieren saber
De tu pasado
Es preciso decir una mentira,
Dí que vienes de allá
De un mundo raro,
Que no sabes llorar,
Que no entiendes de amor
Y que nunca has amado.

Porque yo a donde voy,
Hablaré de tu amor
Como un sueño dorado
Y olvidando el rencor
No diré que tu adiós
Me volvio desgraciado.
Y si quieren saber
De mi pasado,

Es preciso decir otra mentira,
Les diré que llegué
De un mundo raro,
Que no sé del dolor,
Que triunfé en el amor
Y que nunca he llorado
Yo, nunca he llorado.

josé alfredo jiménez

cancion que popularizou
a desgarrada chavela vargas
con la llorona piensa en mi
os poemas de neruda e guillén
as cancions de yupanqui e cabral
na rota voz de chavela vargas




06-8-2012

a jaima e o carballo




unha jaima baixo un carballo

unha jaima lonxe do deserto
un té verde dentro dunha jaima
galiza polo sahara un berro

esa lua i esa estrela
unha jaima en valadares
non quer valados nen muros
para o pobo saharaui

saharauis nenas e nenos
un mes de vacacions nesta terra
saen da jaima baixo o carballo
entre xogos xantar e musica
onte domingo en valadares
no encontro galego saharaui

o cronista

solidariedade galega co pobo
saharaui www.sogaps.org


05-8-2012

castellera de terrassa ll




 corpo e mente en equilibrio
 miña amiga l'enxeneta
 no curuto desta colla
 agora xa fas l'aleta
 a doce metros de chan
 co teu pano violeta

co teu mocador pirata
no castell a escorregar
e cando chegas a piyna
vouche axudar a baixar

con violeta camisola
e faixa de danzarina
castellera de terrassa
entre soño e fantasia
co teu mocador pirata
vas descalza pola vida

manolo pipas

estes versos foron escritos
para os minyons de terrassa
nas suas actuacions
en vigo no verán do 2001
onte actuaron os castellers
e o azul sustituiu ao violeta

05-8-2012

castellera de terrassa l




co teu pano de pirata

e faixa de danzarina
da tua tribo a camisola
e descalza pola vida

castellera de terrassa
primeiro foche anxeneta
e mais tarde acotxadora
e agora xa vas na sexta

vai carregar un castell
toda aldea nunha piyna
cunha soca e unha folra
as manilles xa prarriba

tocan grallas e timbals
van els quints i els sisens
els setés i el pom de dalt
e completado o castell

 corpo e mente en equilibrio
 miña amiga l'enxeneta
 no curuto desta colla
 agora xa fas l'aleta
 a doce metros de chan
 co teu pano violeta

manolo pipas

03-8-2012

mestiza áfrica




a palida muchacha

de cabelos lisos e longos
que vai á miña esquerda no bus
ten no seu ombreiro dreito
tatuada a palabra africa

pouco vou tardar
en saber o porqué
ainda que xa o sospeitaba
cando ela chama a sua filla
de cabelos negros e rizos
por este milenario nome

lariño


02-8-2012

tés saharauis



o primeiro té

é amargo
como a vida

o segundo té
é dóce

como o amor

o terceiro té
é suave

como a morte

saharaui

01-8-2012

cooperantes saharauis




dias despois dunha liveracion

exteriores repatría por sorpresa
a moitos cooperantes en tinduf
decindo que é pola sua seguridade
xa que hai novos riscos de secuestros

ah si
enton hai chantaxe do goberno
colonizador e represor de marrocos
e os cooperantes hispanos
foron secuestrados unhas horas
nun avion militar polo seu goberno
nun deses avions pilotado por militares
que están postos aí para manter
as inxustizas e as guerras

o cronista


30-7-2012

bermello e azul




nalgunhas culturas

a cor bermella
simboliza o sangue
e o azul
simboliza a paz

simbolos
contra a guerra
pola vida

na imaxe
entre as mans
uns ollos

silencio e palabras
e cores por siria

o cronista


29-7-2012

lua e farola




parque

da miñoca
verán


a  lua
e a farola
como irmáns
están as duas
movendo as horas
que non repetirán

lariño


Distribuir contido