25-7-2012

entre patria e matria




entre patria e matria

vai esta camiñada

ai dezasete de maio
ai vintecinco de xullo
menos festa mais accion
mal presente peor futuro
tantas portas que nos pechan
seguen poñendonos muros

e cada vez mais desunidos
perdemonos no camiño

dia da patria
rescata os teus dereitos
compromiso por galiza
en irmandade nacionalista
causa galiza cantas causas
pola matria
un autentico compromiso
unha verdadeira irmandade
rescatemos os dereitos
pero primeiro cumpramos
cos nosos deberes

manolo pipas


23-7-2012

a ultima tenda




pechou a ultima tenda do barrio

pechou hai uns meses
e algunhas veces pasando
pola sua esquina pensaba
en facer esta foto e uns versos

pechou a ultima tenda do barrio
poucas veces mercara nela
que naceu no tempo intermedio
entre a vella tenda do noso camiño
onde primeiro mercabamos
e os novos supermercados
onde agora mais gasto
pero a miudo pasaba e paso
pola esquina deste lokal
agora baleiro

as suas estanterias xa as vedes
retiraron case todo delas
agás eses frascos de conserva
quen sabe porque
ai os garbanzos e os feixons
que en tempos foron
a comida dos pobres

manolo pipas

21-7-2012

malditos gobernantes




o xoves na rua

fomos miles e miles
contra os gobernos
e agora que agora que

hoxe na rua
debaixo dun banco
atopei esta anonima pintada
maldito pais

maldito pais
e maldita banca
e malditos os nosos gobernantes claro
pero primeiro e sobre todo
malditos os votantes que os puxeron

o cronista

19-7-2012

do barranco e do inferno




o lume chegou

a delicada reserva natural
do barranco do inferno
como reflexa a imaxe
e a palabra da cronica anterior

pero o chamado inferno
ou ese contrario do paraiso
non é un lugar natural
o inferno é unha ficcion da igrexa
ou a creacion de capital e banca
e dos politicos do mal goberno
e este barranco cheo de vida
da guanche illa de tenerife
do paraiso non debía estar lonxe
antes destes lumes

o cronista


18-7-2012

dos lumes nas illas




do atlantico
das fragas do eume
ao mediterraneo da serra martés
e as cortes de pallás do país valenciá

e agora nas illas canarias
eses pequenos reductos
dunha gran diversidade
do bosque da laurisilva
á beiras dos volcáns

arde o paso na illa da palma
a reserva do barrando do inferno
o val da orotava e o parque natural
do teide e vilaflor en tenerife

e vallehermoso na illa da gomera

o val fermoso e a vila da flor
e o barranco do inferno ardendo
coma no inferno dalguns homes
mais lumes que eles probocaron
ou favoreceron cos recortes
nas prevencions e vixilancia

o cronista

17-7-2012

o musico da rua




no paseo da cidade
pode haber un rincón
espaciado para cada musico

o roier sanz co seu saxo
o pibe guitarreiro juan
e un novo violinista

no meu peto moitas veces
hai unha moeda solta
para un musico da rua
pero hoxe non teño
e vou mercar algo no kioske
para ter un pouco solto

deixo unha moeda
na maleta do violino
e falo co musico do paseo
algo que as veces fago
son rumano e grappelli
sempre será o meu idolo
e digolle que eu tamen
gosto moito del
e que o vin nesta cidade
hai case vinte anos

volvome sentar
para que siga tocando
e logo marcha o violinista
voume e xa saen estes versos
e como non trouxen camara
penso nunha foto do mestre
stephane grappelli
e na casa escoito naquelas
miticas grabacions dos ano trinta
co guitarrista django reinhart

lariño


16-7-2012

solitaria pomba




esta pomba

branca e con pintas
baixando as escaleiras
do museo do marco

ai solitaria pomba
da paz que nos traes
que nos contas

lariño


14-7-2012

pequeno peirao




pequeno peirao de pedra

o vello peirao de granito
entra un pouquiño na ria
hoxe a esta hora baleiro
en maio coas augas calmas

puxen esta imaxe do peirao
na pantalla da computadora
para sair as ondas das palabras
e publicar nas envolventes
coas augas calmas ou revoltas

envolventes


12-7-2012

miles de soños morenos




miles de conciencias morenas
camiñan contra o fraude electoral
nese pais que chaman mexico
a imaxe é destes dias do zocalo
da cidade de oaxaca


miles de soños morenos

caras morenas e limpas
descobertas estas caras
miles de corpos morenos
camiñando por oaxaca

baixan das comunidades
o camiño das guarachas
brechas e terracerias
estradas ruas e prazas

   das aldeas á cidade
   como logo das colleitas
   os froitos da terra nai
   son froitos da resistencia

coloristas paliacates
e algun pasamontañas
as avoas e os chamacos
mural de corpos e mantas

caras morenas e limpas
camiñando por oaxaca
no zócalo van buscar
o corazon destas marchas

antes foran os plantons
antes tamen barricadas
miles de soños morenos
murais de corpos e mantas

   das aldeas á cidade
   como logo das colleitas
   as marchas da terra nai
   son froitos da resistencia

manolo pipas

texto musicado por servando
para cantar o venres na cova

10-7-2012

dos outros códices




o códice calixtino roubado
foi a aparecer un ano despois
uns ladrons foron roubados por outros
e canta palabrería sospeitosa estes dias
mais porque non lembramos outros códices

en códices e murais
e nas estelas mesoamericanas

estaba representada a historia
as lendas e a vida cotiá
das poucas culturas orixinarias
que chegaron a crear

con debuxos unha escritura

ideografica de glifos


e chegou ao continente
a espada coa cruz
o capitán e o bispo
camiñando xuntos
masacrando aos infieis
e sometendo aos supervivintes
dominando o territorio
e destrozando todas as formas
da identidade indixena
que non lles servían
para impoñer a nova relixion


cantos templos derrubaron
cantas estelas e muros con murais
para construir igrexas e conventos

e cantos códices mixtecos
zapotecas aztecas e mayas
queimaría a igrexa católica !?

o cronista

os codices non tiñan forma de libro
eran longas tiras dunha especie
de papiro da casca da arbore do amate
e dobrabanse coma un biombo
imaxe dun códice zapoteca
un dos poucos que se salvaron


Distribuir contido