09-7-2011

de trens e comboios


si queridas lectoras e lectores

teño querencia polos trens
polo seu movemento e son
polas xanelas polos asentos
aos que antes dábamos volta
polos pasillos polos vagons
polas vias polas estacions
pola travesia

si coñecidos amigos ollos
a cantos de vos coñecin nun tren
e cantos libros teño lido na ruta
cantos poemas neles teño feito

o tren á beira das rias
que tantas veces me ten levado
o tren á beira do miño
e logo pola meseta cara o centro
e polo norte cara o mediterraneo

ese comboio cara o sur
parece que ainda non van cortar
e que tan poucas veces teño collido

e eses tren de via estreita
con tan longo e ancho sentir

o cronista

na imaxe a estacion de oaxaca
cando ia por primeira vez para esta terra
soñaba con ir nos miticos trens mexicanos
pero estes foran vilmente parados


08-7-2011

pamplona a 7 de xullo


pamplona ou iruña

nesta cronica tanto nos ten
como cada sete de xullo
chega ese gran chupinazo
e din os navarros que éste
e os seguintes dias a cidade
é a capital mundial da festa

iruña ou pamplona
o culto á festa e ao alcool
as ruas as prazas os lokais
encerros encerronas touradas
entre ese chupinazo
e o insultante pobre de mi
a gran festa construida darredor
da tortura e matanza duns animais


06-7-2011

grecia gaza


ai grecia

ai grecia din que o berce
da demo-cracia occidental
e din que vai camiño
da chamada banca-rota
que se está rompendo a cachos

e estes dias bloquearon
os barcos rumbo a gaza
e tan pouco aprenderon
da sua milenaria historia
que non deixan sair
a eses barcos patatas quentes
case como cabalos de troya

e no balcon da embaixada
española en atenas
ondea a bandeira palestina
ai os nosos activistas
deste pacifista cabalo de troya



06-7-2011

anonima via


esta anonima terra
esta anonima via do tren
quixera que seguira anonima
facer uns poucos versos
sen ponto de partida
un poema sen destino
unha via aberta de palabras

pero esta anonima
e triste via do tren
será pechada estes dias
polos de arriba
polos de sempre

esta via de sentimentos
entre a nosa ria do sur
e a desembocadura
do rio do ouro

uns versos sen ponto de partida
un poema tren sen destino
unha via aberta de palabras


04-7-2011

te voy a comer a versos


     l

Te voy a comer a versos
bajo el incendio fugaz de la tarde
un día cualquiera
pero que sea de junio
cuando la lluvia venga a nosotros
entre el vino de mi deseo
y tu sexo nocturno

      ll
Te voy a comer a versos
bajo este diluvio en cautiverio
cada día con una palabra
en el almuerzo de tu aliento
y después de tanta lluvia
cubrir de lágrimas tus heridas
que deben de ser muchas
en estos tiempos

      lll
No sepultes mi voz en un eco
sólo permite que descifre
alguno de tus sueños
más perverso
que al fin y al cabo
la lluvia ha de borrar
hasta el mas nimio vestigio de mis versos

frida varinia

poeta mexica
autora de sur a sol
poemas con aroma de café

02-7-2011

gernika palestina


gernika

gernika chamase o barco
do estado español rumbo a gaza

gernika
emblematica vila euskalduna
bombardeada polos fascistas no 37

gernika
o emblematico cadro de picaso
un dos simbolos do exilio
agora desterrado nun triste museo

gernika
o barco rumbo a gaza
outra espacio acosado
porque busca a xustiza

de gernika a palestina

o cronista

o goberno grego proibiu
sen nengunha razon legal
a saida de calquera barco heleno
ou extranxeiro rumbo a gaza
www.rumboagaza.org

02-7-2011

o niño da carriza


a carriza fixo o niño

no medio do vello paraugas
que hai no coberto do pilón
e o tendal da roupa

pero á carriza
algo lle debeu pasar
que abandonou o niño
e os seus tres ovos

á carriza
ou a outra parente sua
vimola dias despois
entre as arbores


01-7-2011

barcos para gaza


á beira do vello mar entre as terras

tantas e tantas rexions que se desangran
entre guerras e a falsa paz dos muros
dos que se ven e dos que non se ven

cara unha desas terras zarparon
os barcos do desbloqueo
logo da tentativa frustrada
con asasinados o ano pasado

uns barcos partiron para gaza
a chamada frotilla da liberdade
cunha estraña e esperanzada
pasaxe de activistas e periodistas
defensores de dereitos humanos
pensadores e artistas
utopicos e escepticas
e todos eles moi indignados
desde hai moito tempo



30-6-2011

cantiga polo animalista presa


estaba eu na concentracion de vigo

ai pedindo a liberdade do meu amigo
que no penal de teixeiro está preso
que no penal de teixeiro está preso

estaba eu no marco na concentracion
pedindo do meu amigo a absolucion
que sen razón en teixeiro segue preso
que sen razón en teixeiro segue preso

ai pedindo a liberdade da miña amiga
estaba eu xa facendo esta cantiga
contra os opresores muros de teixeiro
contra os opresores muros de teixeiro

ai da amiga e amigo a absolucion esixindo
doenme as rimas e será duro o camiño
ate sacalas a todas da prision de teixeiro
ate sacalos a todos da prision de teixeiro

manolo pipas

onte na porta da cova dos ratos
xa lle puiden dar unha aperta a afro
e dentro as computadoras dxs compas
botaron fume toda a noite

concentracion e documental este venres
na acampada do concello as oito e media
e o luns concentracion  no marco
as oito

29-6-2011

caderno do garcía


órale amigo garcía

e benvido o teu caderno
que agardabamos hai tempo
entre chiapas e galiza

un caderno de viaxe
camiña digno e con raiba
na cidade e nas montañas
facendo comunidade

cronicas e poesias
palabras e ligazons
travesías con paixón
entre musicas garcía

ai cronista serxio regos
vas regando milpas e hortas
no solpor e mais na aurora
ai vai chido o teu caderno

o outro cronista

imaxe no zapatista caracol
de oventik no mencer do 1-1-2009
http://www.cadernodogarcia.blogaliza.org
tamen entrou hai unhas semanas
nos espacios amigos das palabrasenvolventes


Distribuir contido