02-3-2011

tres artistas


as dez da noite na cova dos ratos

este xoves boa hora para a poesia
o recital as voces os versos a enerxia
de horacio vilhar e josé paramos
e teddy estará co seu vello piano
os tres artistas subidos a tarima

as dez da noite na cova dos ratos
tres vellos amigos de varias travesias
deste lokal e doutros colectivos espacios
aupa pois o encontro de musica e poesia

o cronista


01-3-2011

antigos soños de mulleres

                   a estíbaliz táboas

kallari muskuy warmi wankurishka
antiguos sueños de mujeres organizadas



kallari muskuy warmi wankurishka
antiguos sueños de mujeres organizadas
un soño libro convertido en realidade
un traballo que camiña entre novos soños
unhas paxinas horizontais e amplias
como asi deben ser as comunidades

este longo soño libro que antes
me mandaras en formato dixital
e que daquela lera emocianado
agora o teño entre as miñas mans
volto a lelo sinto mais proximas
as vidas destas reveladas mulleres

la idea de comunidad viene de eso
para protegerse y organizarse
tenemos fuerza, derechos
si estamos solitas nos tumban

as indixenas kichwas do rio napo
debaixo dos andes no alto amazonas
as mulleres que se pararon
e falaron entre elas para organizarse
e doutro xeito agora camiñar 

unha muller co seu chamaco nas pernas
de xeito diferente quere entregar a sua vida
na portada deste libro esta muller
e o chamaco que te ollan cos seus soños

manolo pipas

kallari muskuy warmi wankurishka
é unha organización de mulleres kichwas
de comunidades indixenas do ecuador
o libro editao www.pazydesarrollo.org

saudos amiga editora estíbaliz
das compañeiras nais e fillas
de atenco chiapas e oaxaca



 
28-2-2011

a ria non se vende


varios miles de  persoas

camiñaron na mañan de onte
desde as ancoras de bouzas
ate a laxe do porto de vigo
baixo a consigna
a ria non se vende

no final da marcha
houbo un xuizo popular
ás autoridades portuarias

si a ria non se vende
pero a terra e o mar
tampoco deben ser
para quen os traballa

a ria so quere persoas
que a respeten
e mais nada
e nada menos

o cronista

na ilustracion
un anaco do chan
da praza das travesas
que pisamos sen decatarnos
e ai como pisamos as rias



28-2-2011

unha pouca leña


ainda falta frio

un mes de inverno
e falta unha pouca leña
para pasar este tempo

esta vella machada
cravada nun cañoto
entre fenda e fenda
desfixemos o tronco

na casa colectiva
a cociña papando leña
unha paella vai arriba
no forno unhas galletas

nos chegamos de visita
un dia de sol de inverno
este tempo do neorural
xa se vai  compoñendo

as chozas


27-2-2011

brancos sobre verde


estes corpos que cairon

non foi por unha guerra
é o ritmo do seu tempo
os petalos sobre a erva
o branco sobre o verde
o rumor dunha camelia

pequenas son estas formas
que o vento tamen se leva
cando maduran as flores
da vida que se revela
o dia coa sua noite
no inverno a primavera

as catro fases da lua
o astro coas suas mareas
ai o branco  sobre o verde
ai os petalos sobre a erva



26-2-2011

revoltas no mediterraneo


voltas e revoltas

na vella e decrepita
rexion  mediterranea
tunez exipto libia …
e din os medios
que o asasino gadafi
vai ser o terceiro en cair

e neste mar entre terras
principio e final de imperios
cando chegarán as revoltas
ao noso perdido norte
cando caerán os represores
berlusconi netanyahu obama...

o cronista


25-2-2011

dualidade


o yin e o yan

o dia e a noite
o branco e o negro
o ben e o mal 
o negro e  o vermello....

nesta imaxe
do meu barrio
unha dualidade

con duas espirais
e formas que o cronista
non se atreve a interpretar


24-2-2011

as caras da lua


a lua do casco vello

desta cidade tan nova
na foto está menguante
pero do outro lado
estará medrando
e se ollas de fronte
a cara da lua
xa está chea
ou é lua nova
a cara da lua
deste casco vello
desta cidade nova
hoxe lua menguante

manolo pipas


23-2-2011

a historia secuestrada


catro homes de ben

sentados nunha mesa falan
da historia e da memoria
da sua e da nosa da de todas e todos

falan da historia secuestrada polo franquismo
e tamen da historia secuestrada outra vez
pola chamada transicion á chamada democracia
que con acerto eles chaman transaccion

falan do asasino camarada fraga da falange
o ministro do dictador e agora senador do rexime
e falan dun dos mais grandes franquistas do pais
o embaixador do vaticano e ex-alcalde de la-coruña

falan sobre todo dos que sairon do outro armario
das que puderon defender aos seus mortos

foi onte a noite na vispera do 23 de febreiro
trinta anos despois do fascista golpe de estado
unha historia de mentiras

a historia secuestrada polo franquismo
libro escrito por manuel monge
e publicado por laiovento
o laio e o vento da memoria

o cronista

22-2-2011

centenario laxeiro


ao interior deste autobus
deronlle vida con oito copias
de cadros dun autor que recoñezo
e na esquina esquerda xa o confirmo
que podo ler centenario laxeiro

ao chegar a casa
busco informacion do mestre
pero o centenario do seu nacemento
pon que foi hai tres anos
pero a min me anima a escribir

lembro a forza dalgunhas das suas obras
os cadros e as ilustracions para libros
o retrato de novoneyra e o poema
que o noso rapsoda lle fixo
lembro a sua figura bohemia pola cidade
o vello flaco e verde co seu chapeu
a sua persoa inmensa como a sua obra
lembro a laxeiro con agustina
cando eu frecuentaba exposicions
lembro cando mo presentou
o pintor cubano raimundo orozco
lembro na sua casa como abriu
unha carpeta con borradores e apuntes
e como me dixo se queria un deles
decindo algo simpatico que non lembro
dos seus seis curiosos persoaxes
que agora ollo a miña esquerda
e que ilustran esta cronica
do entrañable laxeiro


Distribuir contido