20-2-2011

de dinosaurios


unha pequena
construccion na praia
uns fortes muros
de area e cunchas
e di o cativo
e arquitecto albañil

que é un curral
para os dinosaurios


areal do bao


20-2-2011

de imaxes e cultos


nese pais chamado mexico

o culto a bandeira o hino e a patria
é mais grande que esta escultura
do seu mais probable querido presidente
don benito juarez o benemerito das americas

nese pais chamado mexico
varios  presidentes e case todos os libertadores
e revolucionarios foron asasinados
e a morte natural de juarez cecais non o foi

lembro un documental
sobre a curandeira maria sabina
na que decia que no ceo
lle agardaban  dios e don benito juarez

nesta barriada pobre de iztapalapa
baixo a contaminacion que chaman smok
esta sombria imaxe do culto mexica

mexico-galiza



19-2-2011

sobre as imaxes ll

nestes ultimos meses
a maioria dos poemas
camiñaron da man das imaxes

a viaxe e o tempo axudaron
moito neste decidido camiñar
de cronica e creacion

agora na terra mais textos
irán camiñando sos
e tamen me pregunto
se a gabriel celaya e a manuel alegre
admirados poetas que non coñecin en persoa
lles gostaria a compaña que non lles din
das miñas austeras imaxes ou non


outra imaxe

duas  persoas preguntaron
onde está o recuncho do poema
do mesmo nome do dia dez
e del douvos algunhas pistas
cidade de vigo
pero non polo casco vello
e tampouco nas aforas


18-2-2011

froitos da arbore


en pleno inverno

este falso platano
ainda carga os seus froitos
e ten un recente agasallo
que xoga co vento
e proboca versos e foto


18-2-2011

los elementos de celaya

Somos hijos de la tierra
y el llanto,
del mar y de la inercia,
de la moral, del lento
pensamiento,
del discurrir circunspecto,
del florecer fugitivo
de un buen deseo,
y del peso del recuerdo
(de ese corazón cargado
que golpea triste y ciego
y de los ojos inquietos
en donde brilla el silencio.

Somos hijos del mar
y de la tierra,
del llanto contenido
de la dulce materia .
Pero también, ligeros,
atrevidos, gloriosos,
somos hijos del fuego

gabriel celaya

autor do texto la poesía
es un arma cargada de futuro
e os libros cartas boca arriba
e paz y concierto


17-2-2011

segue a chover


e segue a chover

un pouco mais
de chuvia
chaparrons poallas
miuda pedraza
chuvia co vento
pecho o paraguas

un bache no asfalto
e salpicache o autobus
unha baldosa que se funde
e salpicado outra vez
o pantalon

algunhas arbores caidas
e o mar que recupera
o espacio que lle roubaron

chove
segue a chover
un pouco mais
de chuvia


16-2-2011

imaxinario xogo


na mesa do parque

debaixo dunhas arbores
esta debuxado
un campo de xadrez

as torres son unhas pedras
os cabalos burros fariñeiros
os alfiles uns espantallos
os peons son os danzantes ...

as tuas dubidas
entran no meu campo
e a miña decision
no teu espacio entra

unha froita madura
vai derrubar agora
a tua imaxinaria meiga
co meu soñado bardo


15-2-2011

un pouco de chuvia


frio chuvia e vento

no cristal da xanela
pingas humido alento

duas musicas escoito
poemas trovas de adriano
e vento chuvia de inverno

a arbore difuminada
chove mañan e tarde
chove noite pechada


14-2-2011

as mâos de manuel alegre

com mâos se faz a paz se faz a guerra
com mâos tudo se faz e se desfaz
com mâos se faz o poema e sâo de terra
com mâos se faz a guerra e sâo a paz

com mâos se rasga o mar com mâos se lavra
nâo sâo de pedras estas casas mas de mâos
e entâo no fruto e na palavra
as mâos que sâo o canto e sâo as armas

e cravan-se no tempo como farpas
as mâos que vês nas coisas transformadas
folhas que vâo no vento, verdes harpas,

de mâos é cada flor, cada cidade
ninguém pode vencer estas espadas
nas tuas mâos começa a liberdade

manuel alegre

poeta portugués
texto cantado
por
adriano correia de oliveira



13-2-2011

palabras por exipto


revoltas no mundo arabe

tunez exipto e mais movementos
e nun pediodico nas seis paxinas
adicadas a revolta de exipto
hai pequenas entrevistas
a catro anonimos protagonistas
nunha delas un barbón sae na foto
falando do represivo e anti-islamico goberno
coa sua muller que se adiviña baixo un burca
como podemos adiviñar as suas palabras

unha revolucion social é
un movimento popular que derruba a un dictador
moitas veces para poñer a outro goberno
mais ou menos represivo no seu manchado lugar

nas entrevistas so homes
porque o periodico non atopou mulleres
ou porque non as quiso buscar !?

8 de febreiro


e logo das masivas protestas
e moitos mortos sen cuantificar
o represor dimitiu
e o exercito din que vai
acompañar a transicion a democracia
e falan de imitar a democracia
dos paises que apoiaron ao dictador
e hai moitas voces que falan da relixion
e a relixion nunca camiñou ben cos gobernos

o cronista a dia 13


Distribuir contido