14-2-2011

as mâos de manuel alegre

com mâos se faz a paz se faz a guerra
com mâos tudo se faz e se desfaz
com mâos se faz o poema e sâo de terra
com mâos se faz a guerra e sâo a paz

com mâos se rasga o mar com mâos se lavra
nâo sâo de pedras estas casas mas de mâos
e entâo no fruto e na palavra
as mâos que sâo o canto e sâo as armas

e cravan-se no tempo como farpas
as mâos que vês nas coisas transformadas
folhas que vâo no vento, verdes harpas,

de mâos é cada flor, cada cidade
ninguém pode vencer estas espadas
nas tuas mâos começa a liberdade

manuel alegre

poeta portugués
texto cantado
por
adriano correia de oliveira



13-2-2011

palabras por exipto


revoltas no mundo arabe

tunez exipto e mais movementos
e nun pediodico nas seis paxinas
adicadas a revolta de exipto
hai pequenas entrevistas
a catro anonimos protagonistas
nunha delas un barbón sae na foto
falando do represivo e anti-islamico goberno
coa sua muller que se adiviña baixo un burca
como podemos adiviñar as suas palabras

unha revolucion social é
un movimento popular que derruba a un dictador
moitas veces para poñer a outro goberno
mais ou menos represivo no seu manchado lugar

nas entrevistas so homes
porque o periodico non atopou mulleres
ou porque non as quiso buscar !?

8 de febreiro


e logo das masivas protestas
e moitos mortos sen cuantificar
o represor dimitiu
e o exercito din que vai
acompañar a transicion a democracia
e falan de imitar a democracia
dos paises que apoiaron ao dictador
e hai moitas voces que falan da relixion
e a relixion nunca camiñou ben cos gobernos

o cronista a dia 13


12-2-2011

colectivo patio


son tres arcos

que me levan
ao querido patio

a miña mesa
o meu espacio
os teus poemas

manolo pipas

fotografia
oaxaca hai un mes
poema destes dias


12-2-2011

un pouco perdido

no meu barrio non hai tienditas
nen ofrecen tacos ou doces
a algunhas horas nas esquinas das ruas
e en ningun dos tres supermercados
atopei nopales jícamas chayotes
platanitos mameis guayabas

ao bus so podo dar parada
nos lugares para iso establecidos
e non me podo subir en marcha
e non hai taxis colectivos

que poucos nenos hai acá
e poucos deles na rua

da sequedade e da calor
pasei ao frio e a humidade

nas ruas hai demasiada luz
e vexo e sinto o consumo
por todas partes

11-2-2011

memoria do marco


o marco
e o marco da porta
dunha parte da nosa memoria

marco
museo de arte contemporanea
eficifio que foi xulgado e prision
onde estiveron e resistiron
os ultimos presos antifranquistas

e baixo as letras e os numeros
da fachada do marco podemos ler
año 1880 palacio de justicia

ai os palacios
que sempre foron construidos
oprimindo aos de abaixo

a porta dos vellos xulgados
na porta do marco pois
o lugar das nosas concentracions

o marco e a porta da nosa memoria

10-2-2011

un recuncho


sempre gostei desta

esquina curva recuncho
da nosa cidade maltratada

as formas humanas
que se axustan a natureza
estas fermosas pedras labradas

co mesmo esforzo
pola esquerda ti podes
subir con un ou dos pasos
e pola dereita de golpe
podes subir os catro chanzos

o equilibrio das formas
deste pequeno lugar de paso
no que poucas veces reparamos

posdata dias despois
varias persoas
preguntaron por este recuncho
do que dou algunhas pistas
é na cidade de vigo
pero non polo casco vello
e tampouco nas aforas




09-2-2011

de viaxes e memorias


pola ultima cronica

unha vez mais deixei dubidas
como en viaxes anteriores
por alguns correos que recibin
de se seguia a miña travesia mexica
ou se xa voltara a terra

a linguaxe poetica ten estas cousas
pois o corpo xa está na ria
pero a cabeza segue aterrizando
a viaxe empeza antes de partir
e non remata co teu boleto
coa chegada

os poemas seguen o camiño
cronicas que agora irán entrando
noutros cadernos deste portaliño
unhas poucas palabras
cronicas de tempos de crise
entre a tribo e a natureza…
e coas lembranzas debe nacer
un caderno de memoria dunha viaxe

a memoria e o dia a dia das palabras
seguirán envolvendonos

outra aperta
desde a ria
08-2-2011

acompañamentos


por terras mesoamericanas

cando descanso cando escribo
acompañanme musicas e cancions
destas rexions e de lonxanas terras
antes o patio das compas da papaya
agora a terraza pobre da panoramica
na que escribo os primeiros versos
desta cronika o ultimo dia de xaneiro

acompañame o son
o son jarocho veracruzano-oaxaco
a trova cubana as tonadas chilenas
as cançaos do vintecinco de abril
milongas romances cantigas de amigo
dolores kern paloma marta sevastian
gabriel yacoub georgina que agora escoito

acompañaronme libros e revistas
poemas soltos fotografias
documentais e alguns regalos

e libros da milpa e o paliacate
que fun deixando polo camiño
e na mochila son relevados
por outros regalos que me fixeron
de outros que debo facer e de compras
a jicara o mezcal o morralito os chocolates
o comal camisolas gorras libros e discos
cadernos que se enchen de historias

acompañamonos
entre o anahuac oaxaca e chiapas
algunhas das terras do outro mexico
os reencontros e encontros
unha compañeira que non se deixou ver
a outra tiven que visitala hoxe no hospital
tamen os movimentos teñen gripa
e este pais esta moi moi enfermo

os que xa non están
as que non atopei
tamen me acompañaron

acompañame unha pisca
e tamen un pouco
me podes
acompañar ti

ocolagual
unha aperta

manolo pipas
mexico 8-2-2011


08-2-2011

sentido solpor


teño algunha imaxe do mencer

detras dos cerros o nacemento do sol
pero non decidin publicala
cecais porque non sairon uns versos
cecais porque estaba a facer o poema
dunha vivencia estampa do dia anterior

este é o terceiro solpor
do que escribo nesta viaxe
acompañando a unha fotografia
triste solpor na cidade de mexico
triste e feo polas formas que ollades
pero non polo seu tempo
o fermoso paseo coas compas
as platicas e uns ate logo se pode ser


07-2-2011

casas fogares




algunhas casas
de comunidades
e barriadas

o chan é de terra
as paredes de canas
a coberta de palma
e os soños ...

o piso é de terra
de madeira as paredes
a coberta de tellas
e os soños...

o chan é de cemento
as paredes de adove
de lamina o teito
e os soños …

o piso é de concreto
as paredes de bloques
cemento tamen o teito
e os soños …

de lamina é a coberta
as paredes de cartón
o chan é de terra
e os soños ...



Distribuir contido