07-2-2011

animaliños que voan




na porta do rincón zapatista

esta pasada tarde noite
cunha parella de la otra campaña
a chamaquita pelona e a tia
-que es
-un pollo
-i que le vas a dar de comer
-arroz i maiz
e xa o garda cos seus xoguetes


hai un mes e pico
na comunidade de yagila
un novo dragonciño
de papel xa move as azas
e preguntolle ao chamaco
-que le vas a dar de comer
-no lo se
-para que eche fuego por la boca
que le puedes dar
-chile


o debuxo é de eva castro
do libro a milpa e o paliacate

07-2-2011

contra a tauromaquia



na explanada do palacio de bellas artes
varios centos de activistas antitaurinos
chegados de diversos pontos da republica

unhas e uns con camisola de denuncia
e outros e outras en roupa interior
cunha banderilla pegada nas suas costas
coas cores verde branca e bermella
da bandeira mexicana

nas portas do palacio de bellas artes
a tauromaquia non é un arte
basta de corridas de touros
a tortura non é cultura
a violencia como expectaculo
o espectaculo como negocio
e estes centos de activistas deitados
no chan coas suas banderillas
e manchados de sangue
debuxan co seu corpo
unhas inmensas letras 
que din
                 BASTA




06-2-2011

palabras codices libros


         a cuauhtémoc peña


canta historia hai dentro destes muros
entre estes muros na rua canta memoria
libros e mais libros so libros no corazon
da cidade de mexico tecnochtitlan

aqueles poucos codices de amate
glifos pinturas ideograficas prehispanicas
que se salvaron da quiema dos catolicos
agora reproducidos en papel

o popol vuh dos mayas quichés
a poesia oral de nezahualcoyotl
o gobernante coyote con outros bardos
en libros de papel de distintas edicions

un mercadillo popular de libros
na rua debaixo dunhas lonas
libros usados libros rexeitados
en decembro merquielles un
agora lles fago esta cronica

as voltas da historia
da memoria da palabra
palabras codices libros
o amate o papiro
o papel a internete


06-2-2011

entre atenco y neza

desde atenco hasta neza
un buen camino trazado
por las tierras del texcoco
los sueños entrelazados



ay el centro cultural
talleres comunitarios
por la barriada de neza
este grupo solidario
ventiun años cumplimos
este barrio acompañando
despojarnos no pudieron
y mas fuertes caminamos

y llegaron compañeros
de este duro altiplano
esa urbana utopia
la amelia con sus cantos
desde atenco se sumaron
mas hermanas y hermanos


06-2-2011

ollos caracolas


este cuate

esta cara protexica
por un novo paliacate

estes fios entrelazados
dan forma a unha cara
estes ollos que  camiñan
entre un novo pasamontañas

ai esta cara
de caracolas e ollos
en silencio unha palabra

05-2-2011

corazon de tecnochtitlan

corazon de tecnochtitlan
á beira do chamado templo maior mexica
á beira da catedral contruida coas pedras
dese templo e doutros altares aztecas
á beira dos edificios do mal goberno
á beira do subterraneo metro ese transporte
que se levou as tumbas do inframundo



á beira do templo maior
danzas  con plumas do quetzal e outras aves
orixinarias misturadas cos alleos pavos reais
as limpias con fume da casca do copal
ervas que che salpican gotas de auga
e o compa non che cobra porque non pode
na tradicion ti podes darlle a tua vontade
pero xa che bota unha bendicion catolica

á beira destas bermellas
feridas volcanicas pedras mexicas
o mestizo mercadillo espontaneo ambulante
ceramicas textiles libros revistas xoguetes
refrescos jugos tacos tamales doces
adornos de cunchas sementes jade obsidiana
e o limpabotas co patrocinio da gran m gringa

á beira dos templos
do pasado e do presente
toneladas de formas organicas
e tamen toneladas de plastico
neste corazon de tecnochtitlan

05-2-2011

texcoco chapingo atenco


     a chava odette nacho ...


na chaira do texcoco o vento
o vento e un pouco de frio
que abanean os vellos pirules

pregunteille a unha muller do mercado
e hai tempo que non chove no altiplano
e cecais a noite estas fermosas nubes

na universidade agricola de chapingo
os freixos son as arbores que dominan
que lle dan forma aos espacios mais ben

a capela da vella facenda pasou a ser
o tempo da mitoloxia revolucionaria
coas pinturas do muralista diego ribera

texcoco entre a cidade de mexico e atenco
entre os cerros e os restos do gran lago texcoco
el molino de las flores as lembranzas do plantón

unha mesa grande e calida en atenco
logo da chamba de uns e a visita de outros
desenfadadas conversas desta revolta decada

esta beira da chaira altiplano
como unha grande arbore
que perdeu parte da sua ramada
pero aí segue aí segue

05-2-2011

eses coyotes

pois claro que hai coyotes
coyotes da solidariedade pues
solitarios intermediarios
depredadores e carroñeiros

coyotes que deixaron
a pradeira pola selva
coyotes dos mercados
ben agudos na compra venta

canidos con bo olfato
pero que escoitan ben pouco
e non paran de contar
peliculas e mais peliculas

pois claro que hai novos coyotes
coyotes nas duas beiras do mar
coyotes brancos mestizos e indios
e hai pumas zanates e correcaminos
e outros animaliños por catalogar

 

04-2-2011

solpor nas augas


esta imaxe do solpor

non é o mar de oaxaca
o oceano pacifico pues
como algun poderia pensar
que son as augas da presa
que asulagou o vello jalapa
un dia de calor e bo vento
cormoráns garzas zopilotes
e os fantasmas desta cidade

na beira destas augas
restos da vexetacion
e miles de anacos de ceramica
dos zapotecas de hai mi anos
que camiñaban co solpor


04-2-2011

palabras agua y aire

es la palabra del agua
con otras formas ocultas
la sonrisa de la luna
tambien es una palabra

las palabras en el aire
aguilas y zopilotes
dos hermanos corazones
por la sierra y por el valle

radios yaxhil y ñomndáa
son dos palabras hermanas
las palabras aire y agua
con parejo caminar

el aire va con el agua
y la tierra con el fuego
son estos cuatro elementos
la vida que mana y mana

diego minas

Distribuir contido